Blogues

8M NO LUÍS SEOANE - MULLERES GALEGAS

8M NO LUÍS SEOANE - MULLERES GALEGAS

Pola conmemoración do 8M, no noso centro, traballamos ao longo desta semana, sobre diferentes mulleres galegas que marcaron un punto e aparte na nosa historia. Mulleres cheas de coraxe, forza, intelixencia e loita polos dereitos e a igualdade.

Cada clase elexiu a unha muller galega da historia ou actual que fixo mella na nosa cultura. Queredes coñecelas? Aquí tedes unha pequena mostra do noso traballo... Esperamos que vos guste!!!!

 

8 M NO LUÍS SEOANE

Hoxe é un día de loita polos dereitos e a igualdade, respecto e feminismo. Hoxe é o 8M.

No noso cole temos a sorte de contar con María González de 5º A de Educación Primaria, que resultou gañadora do concurso de Lemas do COncello de Oleiros polo 8M có Lema:

 

"SON O NÚCLEO, NON SÓ A CODIA"

 

Ademáis, durante o día de hoxe haberá moitas actividades desenvolvidas nas titorías sobre moitas Mulleres Galegas de referencia que, en moitas ocasións están esquecidas ou nun segundo plano.

Por outra banda, tedes o Telexornal do Día Da Muller que fixemos, desde o Equipo de Dinamización lIngüística e Tic, o ano pasado e que seguro que gozades!!!

 

 

Ademáis, na Web do DO podedes atopar moitas actividades que se desenvolverán ao longo do día de hoxe e durante toda a semana.

Bo día Familias!!!!

 

CAMPAMENTOS DE SEMANA SANTA ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!!!

Tedes neste enlace e nas novas administrativas, toda a información sobre os campamentos de Semana Santa organizados polo Concello de Oleiros.

    A preinscrición é ata o día 7 de Marzo.

GAÑADORA DO CONCURSO DE LEMAS POLO 8M DO CONCELLO DE OLEIROS

A nosa alumna María González de 5º A de educación primaria, resultou a gañadora do concurso de Lemas polo 8 M organizado polo Concello de Oleiros.

"SON O NÚCLEO, NON SÓ A CODIA"

Noraboa María!!!!!

 

globo-y-bomba-imagen-animada-0002

QUEREDES COÑECER O NOSO COLE?

Queres coñecer un pouco máis do noso Centro? Quen mellor que os nosos alumnos e alumnas vos expliquen as nosas dinámicas e vos ensinen as nosas instalacións!!!
 
Este ano por mor da Covid non poidemos facer as xornadas de Portas Abertas, pero seguro que desta maneira podedes facervos unha idea do noso Centro, dos programas e dinámicas que levamos a cabo e da nosa Comunidade.

Estamos desexando que formedes parte do CEIP Luís Seoane!!!!

 

PASAMOS DE FASE NO CONCURSO DE ECOVOZ E COMEZAMOS AS EXCURSIÓNS DO CONCELLO

Moi boas Familias!!!!

Hoxe comezamos o día con boas noticias!!! Os nosos alumnos e alumnas de 6º de Primaria que participan no concurso Ecovoz, PASARON DE FASE!!!! Estamos mooooi orgullosos e moi moi contentos polo seu traballo e esforzo!!!!

 

 

 

Ademáis, volve un pouco de normalidade á dinámica do noso Centro e comezamos esta semana as excursións ofertadas polo Concello de Oleiros.

Coas medidas de seguridade establecidas pola Covid, os alumnos e alumnas de 6º A e C de Primaria visitaron e coñeceron a Contorna de Cecebre. Unha chulada!!!

 

NOTA INFORMATIVA AO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO CENTRO

Segundo a disposición establecida na ORDE do 12 de Marzo de 2013 pola que se desenvolve o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos, queremos aclarar e informar:

1º. Que cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, si presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo.

3º. Que o alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro diferente deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do plazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Calqueira dúbida, poñédevos en contacto con nós. Un saúdo.

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO NOVO E PORTAS ABERTAS

O día 1 DE MARZO comeza o proceso de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de Educación Infantil ou alumnos e alumnas que cambien de centro.

 

Podedes solicitar cita previa 981617130 ou  676727505 para entregar ou realizar o papeleo na secretaría do Centro ou ben facelo dunha maneira telemática a través do Portal da Xunta de Galicia - Admisión de Alumnado onde nos próximos días teredes máis información.

Consulta a previsión de prazas no seguinte arquivo: PREVISIÓN PRAZAS.

 

O alumnado que xa está matriculado no centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non ten que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.

 

Dada a situación que estamos a vivir, as xornadas de Portas Abertas non se poderán realizar, polo que, nos vindeiros días poderedes ver un vídeo onde explicamos e realizamos unha visita virtual polo Centro para que vexades as nosas instalacións e coñezades un pouco a nosa dinámica do día a día.

Mentres o realizamos, podedes informarvos dos nosos servizos a través desta presentación e nos enlaces da Páxina Web:

- INFORMACIÓN E LEXISLACIÓN SOBRE ADMISIÓN ALUMNADO NOVO - portal Xunta de Galicia

- SERVIZOS DO CENTRO:

      * Madrugadores

      * Comedor Escolar

     * Actividades Extraescolares (Durante este curso escolar non se desenvolveron estas actividades).

      * Transporte Escolar 

INFORMACIÓN COVID NO CENTRO

Estimadas Familias,

Comunicamos a confirmación dun positivo por Covid no noso Centro. Neste caso, tal e como se confirmou co Equipo de Rastrexadores,  non conleva contactos estreitos directos polo que non hai risco de contaxios, xa que leva tempo sen acudir ao Centro Educativo.

Un saúdo.

O NOSO ENTROIDO

O noso Equipo de Dinamización Lingüística elaborou este vídeos tan chulos para que gocedes da semana do Entroido no noso centro. Queremos agradecer a vosa colaboración  e participación para facer destes días unha festa!!!!

Podedes ver a nosa chirigota cos bailes de 6º de Primaria, o Desfile de Educación Infantil e un Resumo en Imaxes destes días!!! Feliz Entroido!!!

 

 

Distribuir contido