Blogues

RECORDADE QUE EMPEZAN AS VACACIÓNS DE ENTROIDO...

 

A vindeira semana temos un pequeno descanso polo Entroido NON haberá cole o Luns 15, Martes 16 e Mércores 17 de Febreiro.

Vémonos de volta o xoves 18 de febreiro. Un saúdo!!!

REMATAMOS A SEMANA DO ENTROIDO CO ÚLTIMO MANDATO DA NOSA MECA LUISIÑA

Xa remata esta semana tan divertida onde a nosa Meca convertiunos cos seus mandatos en choqueiros.O seu último mandato para o VENRES 12 DE FEBREIRO é:

CANDO SAIAS DA CAMA

NON TE QUITES O PIXAMA!!!!

PENÚLTIMO MANDATO DA NOSA MECA LUISIÑA...

O cuarto mandato da nosa Meca Luisiña, PARA O XOVES 11:

TODA A TÚA ROUPA DO REVÉS

ESTA MECA QUERE VER!!!

via GIPHY

3º MANDATO DA MECA LUISIÑA

Xa estamos a metade de semana e para mañá mércores 10 de Febreiro o mandato da Meca Luisiña é:

ENORME CAMISETA OU CAMISA

DALGUÉN MÁIS GRANDE,

PARA QUE ME DEA MOITA RISA.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

2º MANDATO DA NOSA MECA LUISIÑA

A Meca Luisiña xa enviou o Segundo Mandato (Recordade que son Acumulativos:

CADA DÍA TRAERÁS E O ANTERIOR NON QUITARÁS!!!!).

Para O MARTES 9:

DE CADA COR UN CALCETÍN

POR FÓRA DO PANTALÓN

PARA NON PARAR DE RIR.

 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CHEGOU A MECA LUISIÑA CO PRIMEIRO MANDATO

Estimadas familias:

Como cada ano polo Entroido, chega ao colexio Luís Seoane a nosa benquerida meca Luisiña que cinco mandados traerá para divertirnos e pasalo ben. Lembrade que os mandados son acumulativos e que “cada día un traerás e o anterior non quitarás.”

Velaí vai o primeiro mandado para o LUNS 8 DE FEBREIRO:

Para ir preparando ao final un bonito disfraz...

Paxariña, gravata

ou adorno no teu pescozo,

máis unha bonita flor

temos que traer posto.

 

Grazas pola vosa colaboración e participación.

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

via GIPHY

MODIFICAMOS O PROTOCOLO DE SAÍDAS DE EDUCACIÓN INFANTIL (TRES ANOS)

Boas familias,

Có fin de facilitar e axilizar as saídas de Educación Infantil e Educación Primaria, procedemos a modificar a hora e zona de saída dos alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil (alumnos de 3 anos).

A partir do Luns 1 de febreiro, os alumnos e alumnas de 3 anos que estean na quenda de recollida de familias, saerán ás 13:55 POLA RAMPA DE TRANSPORTE DE EDUCACIÓN INFANTIL (Porta 1 - Portalón superior). Desta maneira axilizaremos a saída do alumnado de Educación Infantil, para que as familias que teñan máis nenos en Educación Primaria cheguen ben para a súa recollida.

Grazas pola vosa colaboración e un saúdo!!!

 

RAP DA PAZ LUÍS SEOANE EN LINGUA DE SIGNOS

Polos festexos do Día da Paz, do día 30 de xaneiro, queremos compartir con tod@s vós o Rap da Paz do noso cole en versión Lingua de Signos. Todo o mundo participou e ademáis de quedar chulísimo aprendimos moito!!!

Feliz Día da Paz!!!

 

 

INFORMACIÓN COVID

Estimadas Familias,

Queremos informarlles que, dende o Colexio, non podemos comunicar un positivo Covid-19 ata que non nos chega o comunicado oficial da Central de Seguimento de Contactos (CSC).

Somos sabedores da preocupación existente polo avance da Covid, pero temos que seguir as indicacións sanitarias.

Nós comunicamos directamente os casos positivos que nos indica a CSC, atendendo sempre a Lei de Protección de Datos.

Existirán positivos que non serán comunicados polo Colexio, seguindo as indicacións de Sanidade, pois o seu contaxio non produce contactos estreitoss dentro da Comunidade Educativa.

LEMBRAMOS QUE ANTE CALQUERA SÍNTOMA COMPATIBLE COA COVID -19 NON DEBEN ACUDIR Á ESCOLA.

 

Un saúdo a tod@s!

COMUNICACIÓN COVID

Estimadas Familias,

Comunicamos que se confirmou un caso positivo da Covid - 19 no centro educativo.

As Autoridades Sanitarias xa adoptaron as medidas necesarias.

O resto da Comunidade Educativa pode seguir acudindo ao centro, mantendo as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.

Debido á Lei de Protección de Datos, esta é a información que ata o momento podemos aportar.

Un saúdo.

 

Distribuir contido