Blogues

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Temos a sorte de participar na programación desenvolvida pola AVV San Cosme de Maianca pola conmemoración do DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS.

O día 7 de xuño, o profesorado participará nunha charla divulgativa da man de #RetoqueRetro, onde falaremos sobre o lixo mariño, o problema dos microplásticos nos océanos, a xestión dos residuos...

Ademáis, desde o 8 de xuño, no noso centro, o alumnado gozará dunha exposición de #RetoqueRetro con obra artística a base de lixo.

Por último e, desde o CEIDA, contaremos co préstamo durante un mes, dunha Maleta Mariñeira, onde haberá moita bibliografía para poder apoiar esta iniciativa.

Seguro que aprenderemos moito e gozaremos destas actividades!!!!

FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/22

ojo-imagen-animada-0282

 

Onte,  20 de maio, publicouse no DOG a convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto, material escolar e/ou participar no préstamo solidario de libros de cara ao vindeiro curso 2020/21. Estas axudas son exclusivamente para o alumnado que cursará estudos de Educación Primaria ou Secundaria o vindeiro ano académico.

O prazo comeza o 21 de maio e durará ata o 22 de xuño.

Enviaremos, a través do alumnado, a folla de solicitude para que todas as familias a teñan na casa.

A podede entregar de maneira TELEMÁTICA (A través da Sede Electrónica da Xunta) ou ben SOLICITAR CITA PRESENCIAL no noso cole para a Secretaría a través do teléfono 981617130, o horario será de 9:30 á 13:30h e os luns de 16:00 á 18:00h.

Os alumnos e alumnas que están admitidos noutros centros educativos ou que o vindeiro ano cursan os estudos Secundarios, deberán entregar estas solicitudes no centro onde estarán o próximo ano.

 

A continuación deixamos enlaces con información de interese para esta convocatoria.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

HOXE, 17 DE MAIO,  FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. DÍA CHEO DE CULTURA, DE IDENTIDADE, DE MÚSICA, DE SENTIR...

ADIANTÁNDONOS A ESTE FESTIVO, O NOSO COLE O VENRES ENGALANOUSE E GOZAMOS DUN DÍA CHEO DE SORPRESAS...

A FIGURA DE XELA ARIAS, UNHA MULLER PRÁCTICAMENTE DESCOÑECIDA POR MOITOS DE NÓS, FOI A GUÍA DE TODA ESTA FESTA.

MOI FELIZ DÍA, FAMILIAS!!!

 

LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021-2022

BO DÍA, FAMILIAS!!

NO NOSO TABOLEIRO ESTÁN PUBLIDADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 21-22. SE QUEREDES CONSULTALAS, RECORDADE QUE TEDES QUE PEDIR CITA PREVIA NO 981617130.

TOD@S OS ALUMNOS E ALUMNAS QUE PRESENTARON A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO NOSO CENTRO FORON ADMITID@S.

UN SAÚDO.

RECORDADE QUE O 18 DE MAIO SERÁ DÍA NON LECTIVO NO NOSO CENTRO

Boas familias!!!

Recordade que o 18 de MAIO será día NON LECTIVO no noso centro.

 

LETRAS GALEGAS 2021

ACHÉGASE A FESTA DA NOSA LINGUA, ASÍ QUE NON HABERÁ MELLOR MANEIRA DE CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUNHA FESTA CHEA DE CANCIÓNS POPULARES...

TEDES AQUÍ AS QUE IMOS TOCAR NAS CLASES ADEMÁIS DE TER MOITAS MÁIS ACTIVIDADES.

MOITAS GRAZAS AOS NOS@S ARTISTAS INÉS, ANDREA E FUCO!!!

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN DO CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!!!

O Concello de Oleiros abre o prazo de inscrición nas diferentes actividades e campamentos ofertadas para este verán. Tedes de prazo para realizar a Preincrición antes do 19 de Maio por Sede Electrónica no Concello.

Toda a información a podedes atopar AQUÍ.

 

CAMPAÑA DE AFORRO ENERXÉTICO

Os alumnos e alumnas do Equipo de Bosque (Boas Prácticas) pensamos que coas nosas accións no cole podemos aforrar moita enerxía.

Estás dacordo? Intentámolo?

 

SEMIFINALISTAS NO CONCURSO DE ECOVOZ

Ola familias!!!

Como xa sabedes, os alumn@s de 6º de Educación Primaria participaron este ano no Concurso de ECOVOZ. Fixérono xenial, xa que quedaron como semifinalistas!!!

Por iso, hoxe, recibiron un agasallo polo seu esforzo e adicación!!! Noraboa!!!

MES DO TEA NO NOSO COLE

O 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, mais no noso cole gústanos tanto a diversidade que celebramos todo o mes abril como Mes azul.

 Así, todos equipos de Boas Prácticas xuntámonos neste vídeo para explicar os Superpoderes das persoas con TEA, os nosos superheroes: os SÚPERTEA!!!!!

 

 

Distribuir contido