O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

Blogues

DÍA DE LUÍS SEOANE

O Día 1 de Xuño é o Día do Pintor Luís Seoane por ser a data do seu nacemento. No noso centro non podemos deixar de admirar e coñecer a súa incrible obra. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua propuxeron moitísimas actividades nas aulas. Mirade vaia artistas temos!!!

Podedes acceder a máis información no Blogue de Dinamización da Lingua.

 

DÍA DOS OCÉANOS

#RETOQUERETRO, a través da AAVV de Maianca, preséntanos a súa exposición sobre o lixo no mar e nas praias...

Queredes saber un pouco máis do seu traballo? PINCHA AQUÍ.

CONCESIÓN SUBVENCIÓN NOMINATIVA DO CONCELLO DE OLEIROS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E DO DEPORTE ANO 2021

Boas familias!!!

Temos a sorte de rematar este trimestre coa concesión da subvención para promoción e difusión da cultura e o deporte do Concello de Oleiros para o ano 2021.

Podedes ver os detalles no adxunto da mensaxe.

MOITAS GRAZAS AO CONCELLO!!!!

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Temos a sorte de participar na programación desenvolvida pola AVV San Cosme de Maianca pola conmemoración do DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS.

O día 7 de xuño, o profesorado participará nunha charla divulgativa da man de #RetoqueRetro, onde falaremos sobre o lixo mariño, o problema dos microplásticos nos océanos, a xestión dos residuos...

Ademáis, desde o 8 de xuño, no noso centro, o alumnado gozará dunha exposición de #RetoqueRetro con obra artística a base de lixo.

Por último e, desde o CEIDA, contaremos co préstamo durante un mes, dunha Maleta Mariñeira, onde haberá moita bibliografía para poder apoiar esta iniciativa.

Seguro que aprenderemos moito e gozaremos destas actividades!!!!

FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/22

ojo-imagen-animada-0282

 

Onte,  20 de maio, publicouse no DOG a convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto, material escolar e/ou participar no préstamo solidario de libros de cara ao vindeiro curso 2020/21. Estas axudas son exclusivamente para o alumnado que cursará estudos de Educación Primaria ou Secundaria o vindeiro ano académico.

O prazo comeza o 21 de maio e durará ata o 22 de xuño.

Enviaremos, a través do alumnado, a folla de solicitude para que todas as familias a teñan na casa.

A podede entregar de maneira TELEMÁTICA (A través da Sede Electrónica da Xunta) ou ben SOLICITAR CITA PRESENCIAL no noso cole para a Secretaría a través do teléfono 981617130, o horario será de 9:30 á 13:30h e os luns de 16:00 á 18:00h.

Os alumnos e alumnas que están admitidos noutros centros educativos ou que o vindeiro ano cursan os estudos Secundarios, deberán entregar estas solicitudes no centro onde estarán o próximo ano.

 

A continuación deixamos enlaces con información de interese para esta convocatoria.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

HOXE, 17 DE MAIO,  FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. DÍA CHEO DE CULTURA, DE IDENTIDADE, DE MÚSICA, DE SENTIR...

ADIANTÁNDONOS A ESTE FESTIVO, O NOSO COLE O VENRES ENGALANOUSE E GOZAMOS DUN DÍA CHEO DE SORPRESAS...

A FIGURA DE XELA ARIAS, UNHA MULLER PRÁCTICAMENTE DESCOÑECIDA POR MOITOS DE NÓS, FOI A GUÍA DE TODA ESTA FESTA.

MOI FELIZ DÍA, FAMILIAS!!!

 

LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021-2022

BO DÍA, FAMILIAS!!

NO NOSO TABOLEIRO ESTÁN PUBLIDADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 21-22. SE QUEREDES CONSULTALAS, RECORDADE QUE TEDES QUE PEDIR CITA PREVIA NO 981617130.

TOD@S OS ALUMNOS E ALUMNAS QUE PRESENTARON A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO NOSO CENTRO FORON ADMITID@S.

UN SAÚDO.

RECORDADE QUE O 18 DE MAIO SERÁ DÍA NON LECTIVO NO NOSO CENTRO

Boas familias!!!

Recordade que o 18 de MAIO será día NON LECTIVO no noso centro.

 

LETRAS GALEGAS 2021

ACHÉGASE A FESTA DA NOSA LINGUA, ASÍ QUE NON HABERÁ MELLOR MANEIRA DE CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUNHA FESTA CHEA DE CANCIÓNS POPULARES...

TEDES AQUÍ AS QUE IMOS TOCAR NAS CLASES ADEMÁIS DE TER MOITAS MÁIS ACTIVIDADES.

MOITAS GRAZAS AOS NOS@S ARTISTAS INÉS, ANDREA E FUCO!!!

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN DO CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!!!

O Concello de Oleiros abre o prazo de inscrición nas diferentes actividades e campamentos ofertadas para este verán. Tedes de prazo para realizar a Preincrición antes do 19 de Maio por Sede Electrónica no Concello.

Toda a información a podedes atopar AQUÍ.

 

Distribuir contido