Blogues

FESTEXOS DE NADAL

Hoxe empeza un receso moi moi merecido!!!!

Desde o Cole queremos darvos as grazas pola vosa implicación, colaboración e respecto neste ano tan complicado para tod@s!!!!

Voltaremos coas pilas ben cargadas o 8 de xaneiro, venres.

Desexámosvos moita saúde e que o vindeiro ano veña cargado de cousas boas!!!!

Para que festexedes estas celebracións por todo o alto deixámosvos o vídeo das Badaladas que fixeron os alumnos e alumnas de 6º C de Educación Primaria.

MOITAS APERTAS FAMILIAS!!!!

 

ANIVERSARIOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

O Equipazo de Saudadores festexan os aniversarios deste primeiro trimestre!!!

PARABÉNS A TOD@S!!!!

 

PREMIO NO CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS DO CONCELLO DE OLEIROS

SOMOS UN COLEXIO PREMIADO!!!!

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º B DE INFANTIL GAÑARON O CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE OLEIROS.

NORABOA ARTIST@S!!!!!

     

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN DO COIDADO DAS MASCOTAS

 

No Equipo de Bosque sempre estamos a preocuparnos polo coidado da nosa contorna.

 

Esta vez recordamos o coidado que requieren as mascotas e, por segundo ano, facemos unha campaña de recollida de mantas e alimentos para cans e gatos para Asociación Amigos de los perros de Carballo dende o 14 al 18 de decembro.

 

Aquí tedes a nosa presentación 

 

RECORDADE AS NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO COLE...

Xa estamos a piques de rematar este primeiro trimestre!!!! Así que o equipo de Acolledores fixeron este vídeo para que lembremos as normas de funcionamento e outras novas que estamos aplicando no cole por mor da Covid!!!!

Estádes facéndoo xenial, ánimo!!!!!

RECORDADE QUE...

 

A vindeira semana temos un pequeno descanso antes das vacacións de Nadal. Recordade que NON haberá cole o Luns 7 e o Martes 8 de decembro.

Un saúdo!!!

CAMPAMENTOS DE NADAL NO CONCELLO DE OLEIROS

Boas tardes Familias!!!!

Sabemos o complicado que pode ser conciliar estas vacacións de Nadal, así que tedes a posibilidade de que os Nenos e Nenas participen nos Campamentos de Nadal organizados polo noso Concello de Oleiros.

Tedes nos documentos anexos toda a información e o prazo de solicitude é do 7 ao 11 de Decembro.

Un saúdo!!!!!

NON MÁIS LIXO NO PATIO - Campaña de recollida selctiva no Centro

Non mais lixo no noso patio, apúntaste?

O Equipo de Bosque, preocupado pola cantidade de lixo que hai no patio, quere recordarvos como  temos que facer para que cada resto estea no seu lugar.

PINCHA AQUÍ: VIDEO CAMPAÑA RECOLLIDA

 

 

 

DEPENDE DE LOS DOS - 25 N NO COLE

Familias!!!!

Como adiantamos vai uns días aquí tedes unha pequena sorpresa!!!

Os vosos nenos e nenas convertíronse en bailaríns e cantantes por un día e tod@s xunt@s liotamos e reivindicamos unha sociedade chea de respecto e tolerancia.

Xunt@s contra a violencia de xénero - "Depende de los dos".

Esperamos que vos guste!!!!

 

PRÓXIMOS DÍAS FESTIVOS - PONTE DE DECEMBRO

Bo día Familias!!!!

A vindeira semana temos un pequeno descanso antes das vacacións de Nadal. Recordade que non haberá cole o Luns 7 e o Martes 8 de decembro.

Un saúdo!!!

Distribuir contido