PASAMOS DE FASE NO CONCURSO DE ECOVOZ E COMEZAMOS AS EXCURSIÓNS DO CONCELLO

Moi boas Familias!!!!

Hoxe comezamos o día con boas noticias!!! Os nosos alumnos e alumnas de 6º de Primaria que participan no concurso Ecovoz, PASARON DE FASE!!!! Estamos mooooi orgullosos e moi moi contentos polo seu traballo e esforzo!!!!

 

 

 

Ademáis, volve un pouco de normalidade á dinámica do noso Centro e comezamos esta semana as excursións ofertadas polo Concello de Oleiros.

Coas medidas de seguridade establecidas pola Covid, os alumnos e alumnas de 6º A e C de Primaria visitaron e coñeceron a Contorna de Cecebre. Unha chulada!!!