Skip to Content

Infantil

Family song / Canción da familia

Here is a song that we have been using in English classes with Infantil to learn the members of the family, hope you enjoy it!!

 

Aquí hai unha canción que estamos usando nas clases de inglés con Infantil para aprender o nome dos membros da familia, esperamos que vos guste!!!!
 

Proxecto "Autumn Leaves"

Na aula de Infantil estivemos levando a cabo durante o primeiro trimestre un proxecto en inglés sobre o outono e sobre todo o relacionado con esta estación. 

Durante estes meses aprendemos unha gran cantidade de novas palabras en inglés e curiosidades sobre o outono. Por exemplo traballamos coas cores, practicamos os números, a roupa que poñemos nestas fechas, realizamos a lectura e dramatización dun breve poema en inglés, analizamos como cambia a natureza nesta estación, festexamos o Halloween como o fan nenos e nenas noutros países de fala inglesa e puxémolo en contraste co noso Samaín. 


A modo de pequeno resumo fixemos o seguinte poster dixital, co cal as nenas de infantil se divertirán moito vendo o producto do seu traballo ao mesmo tempo que se inician no manexo das novas tecnoloxías. 

Non o perdades! 

Se non conseguides ver ben aquí o poster dixital, premede na seguinte ligazón: 

https://edu.glogster.com/glog/autumn-project/2nvej32jhgj

Distribuir contido


by Dr. Radut