Skip to Content

Complementarias

24-Febreiro: Día de Rosalía de Castro

Defensora da lingua galega e do seu pobo, nunha época na que non resultaba fácil, por múltiples motivos.

Defensora dos dereitos das mulleres e en continua crítica á discriminación e ao maltrato de xénero.

Exemplo no mundo da poesía e considerada, xunto con outros autores, precursora da poesía española moderna, e sen dúbida unha das grandes figuras da época do Rexurdimento en Galicia. 

Os seus poemas e obras son de tal transcendencia que son moitos os idiomas aos que foron traducidos: xaponés, alemán, francés ou ruso.

O 24 de Febreiro é o día de Rosalía de Castro, por iso oxe no centro quixemos festexar esta xornada traballando xuntas/os.

Primeiro realizamos unha viaxe pola vida de Rosalía e recitamos pequenos fragmentos da súa obra para a visualización e coñecemento desta figura tan importante na nosa historia. 

Logo realizamos un gran puzzle-mural, onde cada neno e nena puxo o seu gran de area para conseguir entre todas e todos un gran resultado! 

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes do día. 

#AbrideAFiestra

"Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. 

Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro"

Saltemos en paracaídas!

Somos conscientes da importancia que ten realizar actividades de aprendizaxe cooperativo no centro, inculcando valores de cooperación e entendemento no noso alumnado, valores que cobran moita importancia á hora de relacionarnos na sociedade multicultural e heteroxénea na que vivimos na actualidade. 

Ao mesmo tempo tentanmos introducir estas sesións dunha maneira lúdica, co obxectivo de motivar aos nenos e nenas e despertar neles ao mesmo tempo o placer pola práctica físico-deportiva. 

Co uso do paracaídas non soamente motivamos ao alumnado, tamén aseguramos a totalidade da participación e a visualización de que sen a axuda de todos a realización da actividade non é posible. Ao mesmo tempo, fomentamos un desarrollo da forma física, da percepción, o equilibrio ou a axilidade entre outros aspectos. 

Pero sobre todas as cousas, pasamolo moi ben!! 

 

Mulleres pola PAZ

Un ano máis no centro conmemoramos o día escolar da non violencia e da paz o 30 de Xaneiro

Este ano quixemos facer visibles mediante esta homenaxe a todas aquelas mulleres que foron galardoadas co premio Nobel da Paz, e que loitaron por unha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria. 

Moitas son tamén de seguro as mulleres anónimas que non son galardoadas e que traballan día a día, dando grandes ou pequenos pasos hacia unha sociedade máis igualitaria, e que deben ser tidas en conta, nas nosas casas, pobos e cidades. 

Dende o centro, e mediante o plan proxecta "Donas de sí" que estamos a desenvolver neste curso 2017-2018, quixemos por o noso gran de area e adicarlle este día a todas esas mulleres, anónimas ou non, facendo visible o papel da muller na sociedade e concienciando as nosas nenas e nenos na igualdade de xénero e de dereitos.

Aquí vos deixamos unha imaxe do mural feito polo alumnado e para rematar queremos facer mención á frase da nena galardoada co premio Nobel da Paz no 2014 Malala Yousafzai:

"Un neno, un profesor, un libro e unha pluma poden cambiar o mundo. A educación é a única solución."


 

Sensibilización sobre a inclusión

Neste centro somos conscientes da necesidade de educar as nosas nenas e nenos na igualdade e no respecto aos demais. 

Todo o alumnado do centro formou parte desta xornada de sensibilización na que descubriron moita información, e aclararon outra que xa sabían, sobre os nenos/as e adultos/as que teñen diagnosticado Sindrome de Down. 

Descubriron que a causa do Sindrome de Down é de orixe xenética, que todos os que posúen esta sindrome teñen unhas características físicas similares e o máis importante, que son iguais ca eles, e que con axuda, a inclusión adecuada e coa eliminación das barreiras que moitas veces hai na escola e na sociedade, poden chegar a conseguir o que se propoñan. 

Primeiro, participaron nunha charla, na que preguntaron as súas inquedanzas e dúbidas.

 

Logo procederon á lectura entre todos e a visualización dun conto titulado "Mi nuevo amigo Rubén". Recomendámolo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut