Skip to Content

Complementarias

Excursión "O sabor da aventura está no mar"

O pasado mércores fomos de excursión como parte do proxecto "Aliméntate Ben" que levamos a cabo no centro. 

Saímos do centro con destino Sada, para coñecer máis sobre o mundo do mar, a pesca e a alimentación con este tipo de productos.

Aprendemos moito sobre a pesca de altura e de baixura, sobre o traballo no mar e nas lonxas e manipulamos as redes de pesca, entre outras actividades. Explicáronnos todo moi ben. 

Logo vimos como podemos facer receitas moi ricas con productos do mar, e o máis importante, probámolas! A pizza de pulpo encantounos! 

CEIP Plurilingüe de Lousada no " I Congreso Aliméntate Ben 2018"

Este ano celebrase o primeiro Congreso "Aliméntate Ben" en Santiago de Compostela, que naceu como unha iniciativa do plan proxecta correspondente, ofrecido pola Consellería de Cultura coa colaboración de outras consellerías. 

Despois de participar na convocatoria, o noso foi un dos 10 centros de primaria seleccionados para participar neste congreso, no que o alumnado poderá expoñer o seu stand con todos os productos e resultados obtidos, actividades e propostas levadas a cabo no centro no proxecto "Aliméntate Ben en Lousada". 

Aquí podedes consultar a resolución e máis detalles sobre esta iniciativa, preme aquí para acceder a ligazón. 

Día da árbore, da auga e da poesía 2018

Este xoves 22 de Marzo de 2018 festexouse o día da Árbore, da Auga e da Poesía, e no centro quixemos facer unha xornada especial. 

A árbore que plantamos este ano foi un Salgueiro, premede na imaxe se queredes saber algo máis sobre esta árbore. 

 

O alumnado estivo pola mañan investigando sobre esta especie de árbore e fixeron lecturas en grupo dunhas historias e lendas fantásticas sobre a mesma, nas que unha das protagonistas era o Salgueiro e na que se traballaba o ciclo da auga de forma transversal.

Logo empregamos o cine para tratar temas como o coidado do medioambiente e a importancia da preservación da natureza, visionando as películas de "El bosque encantado" e "Lorax". 

Para rematar a xornada, procedemos a prantar a nosa árbore. O alumnado escolleu o lugar onde prantaríamos o salgueiro, atendendo as necesidades que teñen as plantas para medrar e vivir. Logo comezaron a cavar e a preparar a terra e finalmente e con moito coidado plantaron a árbore no lugar escollido. 

Para rematar puxémoslle o nome a este salgueiro, e o nome escollido este ano foi...Verdoso. Un nome moi adecuado para un salgueiro, a que sí? 

Aquí tendes fotos da gran xornada de onte e non olvidemos esta gran frase: 

"Se soupera que o mundo remata mañán, eu, aínda oxe, plantaría unha árbore"

Martin Luther King

EXPOSICIÓN MULLERES NA CIENCIA

EXPOSICIÓN MULLERES DA CIENCIA

Dentro do proxecto DONAS DE SÍ, e coa finalidade de dar a coñecer a importante labor de diferentes mulleres galegas que traballaron a prol da ciencia presentámosvos a exposición PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER. Esta muller pioneira fixo aportou grandes proxectos no campo das matemáticas.

Coa finalidade de por en valor o traballo desta gran muller creáronse os premios que levan o seu nome, e que se conceden cada ano a unha muller galega que traballa en diversos eidos da ciencia. A través desta exposición puidemos coñecer as achegas destas mulleres galegas da ciencia que seguen a traballar e investiar cada día.

A exposición estivo no Centro dende o 28 de Febreiro ata hoxe, 12 de Marzo, e serviunos para aprender unha morea de cousas do traballo detas importantes mulleres. Aquí vos deixamos unha pequena mostra para que vos tamén poidades aprender cousas interesantes sobre o traballo destas mulleres. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO NOS GUSTOU A NOS

St. David's Day!

Happy  St. David's  Day!

On Thursaday 1st March we celebrated St. David's Day in Lousada. St. David is the patron saint of Wales in the United Kingdom. We first listened to a presentation about the country of Wales and its culture, followed by a quiz to test our knowledge.

The children wore small badges of Daffodils (the welsh national flower), listened to traditional welsh songs and learnt about the welsh flag and the legends of the dragon. We used the internet to research information about Wales such as: typical food, languages (Welsh and English), famous welsh people, basic information about population. The children then created a mural to teach others about the country which included a detailed geographical map. Every child contributed to the mural with drawings or information. 

O xoves 1 de Marzo celebramos en Lousada o día de San David. Esta figura é o patrón de Wales (Gales), no Reino Unido. Esta é a procedencia da nosa auxiliar de conversa este ano, polo que quixo festexar co alumnado o día. 

Primeiro estivemos alumnado e profesorado moi atentos/as a unha presentación sobre o país de Wales e a súa cultura, para logo continuar con un xogo para comprobar que aprendemos sobre o visto. 

Distribuir contido


by Dr. Radut