Resolución pola que se convoca a participación no “Congreso escolar Aliméntate ben 2018” para centros docentes públicos de ensino non universitario

Xov, 22/02/2018 - 14:45
Resolución pola que se convoca a participación no “Congreso escolar Aliméntate ben 2018” para centros docentes públicos de ensino non universitario

Co obxectivo de visibilizar e poñer en valor os traballos dos centros participantes no programa Aliméntate ben, a Consellería presenta a Resolución do 22 de febreiro de 2018 da convocatoria do “Congreso escolar Aliméntate ben 2018”. Este Congreso, que terá o vindeiro mes de maio, será un escaparate onde o alumnado poderá presentar os proxectos que se desenvolven nos seus centros dentro do programa Aliméntate ben para conseguir uns hábitos de vida saudables no que toca á nutrición.

As mellores experiencias seleccionadas para participar no Congreso optarán a un premio co que se quere recoñecer as boas prácticas que se están a dar dentro dun dos programas de maior atención por parte dos centros: outorgarase un premio á mellor experiencia desenvolvida no ámbito de infantil e primaria e outro para o ámbito de secundaria e formación profesional. Para favorecer a participación dos centros, a convocatoria prevé unha partida orzamentaria destinada a sufragar os custos do desprazamento.

  • O prazo de presentación das solicitudes será do 23 de febreiro ao 9 de marzo.
  • O prazo de presentación das solicitudes amplíase ata o 19 de marzo.

Centros destinatarios: centros públicos participantes nalgunha das edicións do programa Aliméntate ben dentro do Plan Proxecta
Modalidades de participación: comunicación oral, comunicación póster, stand, obradoiro

Data do Congreso: 3 e 4 de maio de 2018

Lugar de realización: Palacio de Congresos (Santiago de Compostela)

Para obter máis información pódese consultar nos seguintes teléfonos:

881 997 598 (Mónica Baleirón)
881 997 096 (Carmen Baña)
881 997 498 (Carme López)
881 548 606 (Ana Martínez)