Skip to Content

Blogues

Saída escolar: Aeródromo de Rozas e Lugo

Este xoves o alumnado realizamos unha saída escolar a Castro de Rei e a Lugo para realizar, en horario lectivo habitual, dúas actividades enmarcadas en dous dos Plans Proxecta levados a cabo no centro este curso escolar.

Ao comezo da xornada visitamos en Castro de Rei o Aeródromo de Rozas, saída vinculada ao Plan Proxecta “Mobilidade Sostible e Segura”, co cal o noso alumnado está a observar con espírito crítico os espazos públicos en que se move e as medidas de seguridade a ter en conta en cada caso. Este ano centrámonos nun proxecto ao que chamamos “Por terra, mar e aire” e con esta saída pretendemos ofertar unha experiencia nova para o alumnado, no que poderá afondar máis sobre a aviación e os seus múltiples usos e actividades. Alí puidemos coñecer máis sobre as partes que compoñen distintos tipos de vehículos aéreos e o seu funcionamento. Máis de un e unha quixemos probar algún dos aparellos que vimos alí!

Obradoiro Mobilidade sostible e segura no centro

Por segundo ano consecutivo, estamos a levar a cabo no centro o plan proxecta "Mobilidade Sostible e Segura" e este ano voltamos a levar a cabo un obradoiro co alumnado do centro.

O curso pasado fixémolo sobre como circulamos en bicicleta no noso entorno, xa que é un medio de mobilidade moi habitual no noso alumnado. Desta volta, relacionado co proxecto deste curso "Por terra, mar e aire", realizamos un obradoiro no que o alumnado realizou diferentes actividades sobre a seguridade vial e como nos desprazamos en diferentes tipos de transporte.

Realizamos este obradoiro transversalmente ao longo das materias da xornada.

Primeiramente repartimos entre o alumnado uns chalecos reflectantes, que solicitamos ao CFR de Lugo, e aprendemos para que se usan e porque son tan importantes para a nosa seguridade na carretera, especialmente de noite.

Logo traballamos a súa competencia lectora mediante unhas lecturas compartidas empregando material dos "Bolechas" sobre seguridade vial. Aprendemos o significado das sinais que atopamos na rúa como peatóns e tamén como conductores e usuarios/as de vehículos de motor.

Logo das lecturas, e para asentar máis os novos contidos, visualizamos uns vídeos de animación e realizamos actividades na pizarra dixital interactiva relacionados cos temas tratados, traballando a súa competencia dixital e poñendo en práctica dunha maneira lúdica o aprendido.

Show must go on...

Grabando a escena "Lucas e o óso na selva"

Levamos unhas semanas traballando moito na nosa curtametraxe sobre o libro de OQO "Lucas e o óso", libro en lingua galega que estamos adaptando coa técnica de stop-motion pola nosa participación no plan proxecta "Nós tamén creamos".

Logo de realizar as nosas primeiras persoaxes e escenario, decidimos lanzarnos a grabar. O programa que estamos a empregar é o Monkey Jam, recomendando polo propio plan proxecta. Son moitas as cousas que estamos a traballar:

Por unha banda, a iluminación. Estamos a traballar con diferentes lámpadas, pantallas, diferentes ángulos...

Por outra banda estamos a experimentar cos fotogramas por segundo. Dependendo na escena que queremos grabar estamos a empregar diferente número de fotogramas por segundo.

Por último, e o que máis estamos a traballar, é o movemento e como animar as persoaxes. O alumnado está a analizar os movementos do corpo paso a paso, tentando adaptar eses movementos ao tipo de persoaxes que temos na nosa curta.

MULLERES GALEGAS

Xa temos no noso centro unha nova colección de libros, neste caso sobre Mulleres Galegas, mulleres que foron fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea.

Con este tipo de materiais traballaremos en profundidade a vida e traballo destas mulleres, e non soamente como unha visión anecdótica e secundaria, senon como un aporte importante á sociedade tal e como a coñecemos hoxe en día.

Neste caso son 5 libros sobre 5 mulleres, que destacaron en diferentes campos: na educación, arte, ciencia...

Angeles Alvariño foi unha gran oceanógrafa. PREME AQUÍ

Maruja Mallo, gran pintora surrealista nada na provincia de Lugo. PREME AQUÍ

María Victoria Moreno, escritora de literatura infantil e xuvenil. PREME AQUÍ

EDUCACIÓN SEXUAL

No centro tivemos unhas charlas de educación sexual promovidas pola Deputación de Lugo, impartidas por médicas/os e sexólogas/os, co que se pretende afondar nun tema moi importante para o desenvolvemento persoal do noso alumnado.

Estas charlas desenvolveronse en dúas fases.

Nunha primeira sesión, desenvolta o día 13 de febreiro, realizouse unha charla xeral sobre a sexualidade, a menstruación e os seus produtos hixíenicos, métodos anticonceptivos e enfermidades de transmisión sexual...

Nunha segunda sesión, desenvolta o 18 de febreiro, o alumnado puido preguntar todas as dúbidas que puideran ter sobre este tema, e todas elas foron respostadas pola ponente que se acercou ao centro.

As charlas foron dinámicas e moi entretidas, nas que estes temas foron tratados con moita naturalidade e dando información real e útil ao alumnado. Fíxose fincapé na autonomía e a aceptación do propio corpo, a diversidade sexual e a normalización dos procesos que o noso corpo vai presentando, como os cambios da puberdade e a regra.

Distribuir contido


by Dr. Radut