Skip to Content

Show must go on...

Grabando a escena "Lucas e o óso na selva"

Levamos unhas semanas traballando moito na nosa curtametraxe sobre o libro de OQO "Lucas e o óso", libro en lingua galega que estamos adaptando coa técnica de stop-motion pola nosa participación no plan proxecta "Nós tamén creamos".

Logo de realizar as nosas primeiras persoaxes e escenario, decidimos lanzarnos a grabar. O programa que estamos a empregar é o Monkey Jam, recomendando polo propio plan proxecta. Son moitas as cousas que estamos a traballar:

Por unha banda, a iluminación. Estamos a traballar con diferentes lámpadas, pantallas, diferentes ángulos...

Por outra banda estamos a experimentar cos fotogramas por segundo. Dependendo na escena que queremos grabar estamos a empregar diferente número de fotogramas por segundo.

Por último, e o que máis estamos a traballar, é o movemento e como animar as persoaxes. O alumnado está a analizar os movementos do corpo paso a paso, tentando adaptar eses movementos ao tipo de persoaxes que temos na nosa curta.

O alumnado está tentando transmitir na imaxe as ideas e emocións que nos marcamos no noso guión gráfico inicial, a pesar de que sempre temos que ir adaptandoo segundo os problemas e situacións que vamos atopando durante a grabación.

Montando os escenarios

Traballando coa iluminación



blog | by Dr. Radut