Iniciar sesión: Acceso

Biblioteca

DÍA DA BIBLIOTECA

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.

TRABALLO DE IGUALDADE COMÚN EDUCACIÓN PRIMARIA

 Esta semana toca facer un repaso das nosas Pioneiras, actividade que estabamos levando a cabo dentro do proxecto de Igualdade e que agora cómpre actualizar.

As copias deste traballo serán facilitadas no centro a quen as necesite.

Unha vez rematadas deberán ser entregadas no colexio.

Data límite:25 de maio de 2020


CONTO PARA EXPLICAR AOS NEN@S O DESCONFINAMENTO

   Este domingo os nenos e nenas por fin poderán saír á rúa, pero é importante anticiparlles dita saída para que coñezan as condicións e poidan falar das emocións que conlevan este cambio. Pos iso, vos deixamos este precioso material para que poidades prepapar emocionalmente aos vosos peques para a volta á rúa.

   

(Ver no documento adxunto)

FOMENTANDO A LECTURA

    Para celebrar o Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil as profes do cole vos recomendamos uns libros moi interesantes. 

   Botámosvos moito de menos e temos moitas ganas de veros!!! Moito ánimo e millóns de bicos!!

   #ValónMolón

   #ceipplurilingüealaxe

Distribuir contido