Iniciar sesión: Acceso

Voz Natura

RECOLLEMOS AS LEITUGAS

   Antes de marchar de vacacións o alumnado do centro tivo varias tarefas que realizar. Unha delas foi recoller as leitugas que plantamos no noso invernadoiro no primeiro trimestre.

                        

A RECICLAXE

   Neste Genially podedes traballar a reciclaxe de forma amena e divertida, un dos aspectos importantes para respectar a Natureza.

 Clica na imaxe

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

   Hoxe é 5 de xuño e celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Lembrade que con pequenas accións que non costan nada podemos coidar a natureza e o noso planeta. Entre todos podemos conseguilo!!

  Vos deixo unha Ecogincana para pasar un momento divertido ao mesmo tempo que lembramos as accións que danan o entorno que nos rodea. (Ver documento adxunto).

RECURSOS DE SOGAMA

   Estamos a pasar por unha situación díficil, pero aínda estando confinados podemos levar a cabo certas accións que axuden a coidar o medio ambiente. 

 Sogama pon á vosa disposición unha serie de recursos para seguir traballando o respecto e coidado pola natureza.

 A continuación déixovos unha serie de enlaces de recursos moi interesantes.

 Para Educación Infantil no seguinte enlace tedes uns audiocontos da Familia Trebón cos que podemos aprender sobre a compostaxe ou o ecopicnic entre outros aspectos. 

   http://www.cadernoverde.gal/category/educacion-infantil/

   Ademais deixo como documento adxunto dous contos dos Bolechas: 

   -Os Bolechas: que se fai co lixo que chega a Sogama.

   -Os Bolechas: como producir menos lixo.

  Para Educación Primaria, Sogama vos ofrece unha serie de actividades interactivas moi interesantes. Aquí tedes os enlaces por ciclos:

   Para 1º ciclo de Primaria: http://www.cadernoverde.gal/category/1o-ciclo-educacion-primaria/

   Para 2º ciclo de Primaria: http://www.cadernoverde.gal/category/2o-ciclo-educacion-primaria/

   Para 3º ciclo de Primaria: http://www.cadernoverde.gal/category/3o-ciclo-educacion-primaria/

   Ademais, no seguinte enlace podedes ver dous audiocontos dos Bolechas: "Os tres erres" e " Sabes a cor do colector?" para traballar un poquiño o tema da reciclaxe.

   http://www.sogama.gal/gl/info/os-bolechas

   

   E xa por último, vos deixo un enlaxe cunha serie de xogos interactivos moi interesantes e divertidos para tódalas idades (cada xogo xa menciona a idade recomendada). Ata podedes crear unha historia!!! Animádevos!!!Sorriso

   http://www.sogama.gal/gl/info/xogos-escolares

TEATRO EN FAMILIA: GAIA. COMPAÑÍA ENTREMÁNS

    Ola, 

  desde Afundación nos propoñen un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan a coñecementos do medio ambiente, afondando na importancia de coidar o noso hábitat, a súa conservación, fomentando á súa vez a reciclaxe.

  Deixo un vídeo do espectáculo, así como un guía didáctica cunha serie de actividades para poder disfrutar en familia, á vez que nos concienciamos do coidado do noso planeta. (Ver documento adxunto).

Distribuir contido