Actividades propostas para 3º EP ( 18 de maio - 22 de maio )

Boas, chic@s!

Moi ben polas actividades en Snappet!

(Os “folletos” que vos pedía facer nunha das tarefas de Lengua, podo recibilos no correo. Tamén calquera outra actividade que teñades que facer “en papel”).

Sobre o escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero, espero que xa saibades moitas cousas!

Proposta de tarefas para facer nesta semana,do 18/5/20 ao 22/5/20:

 

 

LUNS: Lingua (actividades enviadas por Snappet).

 

MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

 

MÉRCORES: Lingua (actividades enviadas por Snappet).

 

XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

 

VENRES: Ciencias Naturais. Vídeos e retos para facer.

 

 

Como seguro acertastes nos retos anteriores, as tres funcións vitais son a nutrición, a relación e a reprodución.

Seguimos repasándoas, enfocándonos agora na función de relacióne como funciona o aparello locomotor nela.

Tamén vos seleccionei unhas curiosidades sobre o cerebro, o órgano que se ocupa de que todo eso funcione.

 

 

 Para Valores, ademais de seguir con lectura e pensando nas emocións reflectidas, podedes participar na actividade de “Eu para non aburrirme...” do Recuncho da Poesía e explicar o que facedes vós (esto vale tamén para tod@s!).

 

Non esquezades seguir lendo a diario.

Espero que pasedes unha boa semana.

Unha aperta.

Maita