Actividades propostas para 3ºEP (11 maio- 15 de maio)

Bos días!

 

 

Espero que esteades moi ben.

Parabéns polas tarefas! Envíovos unhas pequenas anotacións:

- Recordade ler ben o texto para respostar nas preguntas de comprensión (pode ser preciso lelo máis dunha vez, ou retomar o texto). Lembrade que a lectura en voz alta pode resultar moi útil.

- Tamén que “nunha” pregunta pode haber dúas ou máis cuestións. (Fixádevos ben en respostar a todo o que vos preguntan no enunciado!: lédeo con calma e pensade no que ides contestar antes de facelo).

- Convén que teñades a man papel e lapis, bolígrafo… (Para varias actividades o ides necesitar e/ou vai vir moi ben).

- Cando teñades que pasar varias unidades de medida a unha soa unidade, ídeo facendo por partes: primeiro unha, logo outra… e ao final facedes a suma (unha vez teñades todo na mesma unidade de medida). Por exemplo:

93hm 229dm= 93000 dm + 229dm= 93229 dm.

(93hm x 1000= 93000)

9km, 6dam e 1 m= 9000m+60m+1m= 9061m.

Déixovos un pequeño cadro coas medidas de repaso:

Proposta de tarefas para esta semana (do 11/5/20 ao 15/5/20):

 

LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

VENRES: Ciencias Sociais. Vídeos e retos para facer.

 

 Imos celebrar as Letras Galegas, así que vos quedan tamén unhas actividades ao respecto.

Actividades Letras Galegas (recoméndase uso de navegador Chrome)

Biografía de Carvalho Calero

Actividades on line

Actividades para imprimir (opcional)

Actividades de Educación Artística

 

 

Espero que pasedes unha moi boa semana. Ánimo!

Maita