Bos días, chic@s!
Alegreime moito de vervos o outro día, aínda que fora a través da pantalla!
Seguide traballando así. Envíovos a proposta para esta semana (do 1 ao 5 de xuño):
Luns: Lingua (Snappet)
Martes: Matemáticas (Snappet)
Mércores: Lingua (Snappet)
Xoves: Matemáticas (Sanppet)
Venres: Ciencias Naturais.
Xa vistes que temos un montón de músculos e de ósos e que o óso máis longo chámase fémur e está na perna! Nesta semana celébrase o Día do Medio Ambiente. Déixovos cuns vídeos ao respecto para mirar e facer despois estes RETOS:
1-. Sabes a que se refiren "as tres R"? Escribe todos os exemplos que se che ocorran acerca de como podes aforrar enerxía e auga.
2-. Como podes reciclar, coidar o mar e a natureza? Pénsao e escríbeo. Tamén podes debuxalo ou fotografialo.
3- Pensa en algún "por que" relacionado co Medio Ambiente ou as Ciencias Naturais sobre o que teñas curiosidade por saber; investígao e anota a resposta.
Educación Artística |
Espero que pasedes unha moi boa semana.
Unha aperta para tod@s.
Maita