Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Información

DOTACIÓN DE MEDIDORES DE CO2 PARA UNHA VENTILACIÓN MÁIS EFICIENTE.

O mércores 27 de xaneiro repartimos por todas as aulas do centro medidores de CO2. Tamén están nos despachos de administración, Dirección, Sala do profesorado, comedor, aula de informática e aula de psicomotricidade.

O obxectivo desta dotación é lograr unha ventilación máis eficiente nas diferentes dependencias do centro onde estamos máis dunha persoa e manter ao mesmo tempo unha adecuada climatización. As ventilacións marcadas no protocolo seguirán facendose do mesmo xeito: 15 minutos antes de entrar, 5 minutos nos cambios de clase e durante todo o recreo.

Estos aparatos permitirannos controlar o nivel de CO2 que hai no interior das diferentes dependencias e abrir máis ou menos as ventás para que o aire sexa respirable evitando así os perigosos aerosoles que poden propagar os contaxios do coronavirus.

Para esta compra contamos co apoio da ANPA "A Buxaina" que financiou 10 destes aparatos, o centro mercou os outros 20. Queremos desde aquí expresarlles o noso agradecemento por esa colaboración.

O centro quere ser un lugar seguro tanto para o alumnado que asiste a el como para todos os traballadores (docentes e non docentes) que todos os días prestan aquí os seus servizos.

medidores de Co2

 

Este é o modelo que temos instalado. Marca na pantalla central o nivel de CO2. Ten un indicador de cores onde o verde é o estado optimo. Marca tamén a temperatura e o nivel de humidade do ambiente.

ABERTO O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

A partir de hoxe, 11 de xaneiro e ata o 8 de febreiro está aberto o prazo para solicitar reserva de praza no instituto Terra de Trasancos que é ao que estamos adscritos.

Máis información. ( picade enriba)

Impreso de solicitude en castelán (picade enriba)

Impreso de solicitude en galego ( picade enriba)

Información edu.xunta. ( picade enriba)

 

BOLETÍNS DE NOTAS 1º AVALIACIÓN

O vindeiro martes 22 de decembro rematará a 1ª avaliación do curso 2020-2021. Ese día recibiredes por abalar móbil os boletíns de cualificacións dos vosos fillos e fillas. Empezarán a chegarvos a partir das 11:00 de mañá. So se non tedes abalar móbil ou o solicitades expresamente á titora dos vosos fillos as recibiredes en papel. Grazas pola vosa comprensión así evitamos un gasto de papel e tinta innecesarios e os contaxios.

A Dirección.

PUBLICADAS AS LISTAXES DO ALUMNADO QUE TEN DEREITO A MÁSCARAS GRATUITAS

No taboleiro interior do centro está publicada a listaxe do alumnado que ten dereito a máscaras gratuitas segundo a orde do 6 de novembro de 2020. Esta listaxe contén a todo o alumnado que recibiu un cheque para a adquisición de material escolar. Ademais hai unha solicitude que foi admitida e outra que foi rexeitada. Contra a presente resolución ábrese un prazo de reclamacións de dous días contados a partir do día seguinte a esta publicación.

As máscaras xa están encargadas e tan pronto nolas servan procederemos ao seu reparto. A cada alumno/a beneficiario/a correspóndenlles 3 máscaras reutilizables. Cada máscara resiste 50 lavados e cubriríanse así os 150 días de colexio que faltan para que remate o curso.

ORDE SOBRE O REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32480

No enlace anterior podedes consultar a orde publicada hoxe sobre o reparto de máscaras entre o alumnado de Ed. Primaria.

Serán benificiarios das mesmas todas aquelas familias que solicitaran o cheque para material escolar no presente curso académico e que lles fora concedido. Estas familias non teñen que facer unha nova solicitude, xa que se cargaran os seus datos automaticamente no programa.

Terán que solicitalo na xanela da adminastración todas aquelas familias que non solicitaran o cheque de material pero cumpran os requisitos establecidos no programa.

Instrucións para facer a solicitude.

Os impresos para a solicitude poden pedirse na administración do centro ou descargalos aquí. Unha vez cubertos serán entregados no centro en horario de 9:30 a 13:30.

Impresos.

O prazo de solicitude comeza o luns 16 e remata o venres 27 de novembro.

Unha vez publicadas as listaxes de admitidos e excluidos hai dous días para presentar reclamación no caso de non estar conformes coa resolución.

 

COMUNICACIÓNS A TRAVÉS DE ABALAR MÓBIL

É necesatrio que todas as familias do alumnado do Centro teñan descargada esta aplicación. As comunicacións entre o Centro e as familias será pola páxina web do centro ou pola aplicación abalar. A aplicación dispón dun servizo de mensaxeria que será o empregado polo profesorado e o Equipo Directivo do centro para enviar informacións a toda ou parte da Comunidade Educativa.
 
A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
 
Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía galega, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital do século XXI. 
 
abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
 
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android). 
 
 

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

A policía local de Narón informa que este curso escolar o noso centro se incorpora ao programa "Camiños Escolares Seguros". Dentro do programa está o "Bica e arrinca" que podedes ver pintado na entrada principal do cole. Os puntos de control de acceso ao centro todavía non están instalados pero xa fixeron o estudo correspondente de onde instalalos. Haberá un en cada unha das tres portas de acceso ao centro escolar para que cada alumno/a que participe no programa poda rexistrar a súa entrada cando pase polo seu carón. 

Esto favorecerá que veñan mais nenos/as camiñando ou en bici, polo que desconxestionaremos as entradas cos coches dos pais/nais.

Está previsto facer un aparcamento nunha parcela lindante co colexio cunha entrada ao centro directa pola mesma, pero vai un pouco retrasado e pode que non funcione este curso.

Informamos tamén que desde este luns está aberta a porta que está situada pola parte da Escola Infantil, enfronte ao Pavillón de deportes. Esa entrada será so para alumnado que viva por esa zona para evitar ter que dar toda a volta ao colexio, agora que xa teñen interiorizado o protocolo das entradas.

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS. (picade enriba para mais información)

ALIMENTOS PROHIBIDOS E PERMITIDOS NA COMIDA DO RECREO

Como saberedes de cursos pasados este centro ten moito alumnado entre os que se atopan varios alumnos e alumnas alérxicos e/ou intolerantes a varios alimentos. Hai unha serie de alimentos que están totalmente prohibidos xa que poden provocar un shoc anafiláctico ao alumnado alerxico poñendo en grave risco a súa vida.

Comezou un novo alumno con alerxia ao ovo e aos cacahuetes polo entran na lista dos prohibidos.

Tedes un catálogo de alimentos permitidos con fotos que nos facilitou o papá deste alumno e que pensamos que pode servir de guía á hora de mandar a merenda do recreo. Iremos actualizando a listaxe coas vosas aportacións. Grazas.

Circular do colexio.

 

Fotos de alimentos permitidos e información aportada polo pai.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut