Desde o luns 12 de abril ata o xoves 29 ábrese o prazo para cubrir unha nova enquisa sobre a convivencia nos centros escolares de Galicia.
Está dirixida a familias, profesorado e alumnado de 5º e 6º de E.Primaria.
Cada alumno/a do colexio levará para casa unha carta explicando o proceso e a clave que poderedes usar como familia par cubrir esa enquisa, que ten caracter anónimo.
A clave é única para cada familia. So pode usarse unha vez e non podemos xerar ningunha outra clave nova, polo que vos pedimos que a usedes correctamente porque non podemos darvos outra. No caso de que os pais estedes separados e querades contestar cada un á enquisa pedídenos unha clave a maiores, xa que hai un 10% a maiores para esos casos.
No enlace que vai a continuación podedes ver os enlaces para cubrila. Aínda que é anónima agradeceríamos moito a vosa colaboración, grazas ás vosas aportacións poderemos mellorar e cambiar as cousas que non funcionan ben.
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.
https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33594