O mércores 27 de xaneiro repartimos por todas as aulas do centro medidores de CO2. Tamén están nos despachos de administración, Dirección, Sala do profesorado, comedor, aula de informática e aula de psicomotricidade.
O obxectivo desta dotación é lograr unha ventilación máis eficiente nas diferentes dependencias do centro onde estamos máis dunha persoa e manter ao mesmo tempo unha adecuada climatización. As ventilacións marcadas no protocolo seguirán facendose do mesmo xeito: 15 minutos antes de entrar, 5 minutos nos cambios de clase e durante todo o recreo.
Estos aparatos permitirannos controlar o nivel de CO2 que hai no interior das diferentes dependencias e abrir máis ou menos as ventás para que o aire sexa respirable evitando así os perigosos aerosoles que poden propagar os contaxios do coronavirus.
Para esta compra contamos co apoio da ANPA "A Buxaina" que financiou 10 destes aparatos, o centro mercou os outros 20. Queremos desde aquí expresarlles o noso agradecemento por esa colaboración.
O centro quere ser un lugar seguro tanto para o alumnado que asiste a el como para todos os traballadores (docentes e non docentes) que todos os días prestan aquí os seus servizos.
Este é o modelo que temos instalado. Marca na pantalla central o nivel de CO2. Ten un indicador de cores onde o verde é o estado optimo. Marca tamén a temperatura e o nivel de humidade do ambiente.