Skip to Content

I CERTAME DE DEBUXOS DO CONCELLO CO MOTIVO DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

O venres 26 de novembro, o alumnado e familias das gañadoras do I Certame de debuxo contra a violencia de xénero promocionado polo Concello de Padrón, foron recoller o seu agasallo. Así mesmo o Concello agradeceu cunha placa, a colaboración dos centros educativos de Padrón. 

3 de decembro: Día da Discapacidade

O 3 de decembro é o Día da Discapacidade. Desde o noso centro estivemos vendo diferentes formas de comunicación e plasmámolo a través da realización de pictogramas e elaborando un vídeo baseándonos nun conto da biblioteca sobre certos hábitos que debemos seguir. Para ver o vídeo, clica na imaxe de abaixo.

CEIP FLAVIA: 25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Clica na foto para ver o vídeo.

 

 

VOTACIÓNS NAIS/PAIS CONSELLOS ESCOLAR.

Dacordo coa Convocatoria do día 3 do mes de novembro, mañá martes día 23, en horario de 16:30 a 19:30 horas, celebrarase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Máis información no documento adxunto.

A dirección.

 

DÍA DO ACOLLEMENTO FAMILIAR. AO COLE CON PIXAMA!

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. CANDIDATURAS PAIS/NAIS CONSELLO ESCOLAR.

Estimadas familias:

No documento adxunto podedes consultar os pais/nais que presentaron candidatura para o Consello Escolar.

A dirección.

AVISO ÁS FAMILIAS. SOLICITUDE DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO.

Estimadas familias nos documentos adxuntos tedes a información para a solicitude de máscaras para o alumnado tal e como establece a 

CONSELLO ESCOLAR. MODELO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

No documento adxunto podedes descargar o modelo para a presentación de candidaturas para o Consello Escolar. No centro tamén o podedes recoller en horario de 10:00h a 12:00h.

A dirección.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. CONVOCATORIAS

MAGOSTO E SAMAÍN. RESUMO

Distribuir contido