You are hereEducación Primaria, 1º Ed. Primaria, 2º Ed. Primaria, 3º Ed. Primaria, 4º Ed. Primaria, 5º Ed. Primaria, 6º Ed. Primaria, Viaxes didácticas E.P.

Educación Primaria, 1º Ed. Primaria, 2º Ed. Primaria, 3º Ed. Primaria, 4º Ed. Primaria, 5º Ed. Primaria, 6º Ed. Primaria, Viaxes didácticas E.P.


Tarefas Inglés 3º (01.06.20) sticky icon

Moi bo día rapaces!!

Imos cas tarefas desta semana, nos libros de inglés deixeivos fichas de inglés, se podedes ide facendoas nestes días e enviadesmas, vale?

Escollede a orde que queirades, pois habemolas facer todas, así que deixoo ó voso criterio, podedes comezar polas que mais vos gusten.

Un abrazo!

Déixovos un enlace dun exercicio online para repasar vocabulario que me pasou unha compañeira:

https://view.genial.ly/5ed0c469785906120efeb2f6?fbclid=IwAR1iiMj9nGjqbgQjK_pwy2yf7aH9yPkSFDzvS3BzUv-n9d8-TgkTleRjPlc

Intentadeo, está superchulo!!

Tarefas Inglés 2º (01.06.20) sticky icon

Bo día mozos/as!

Imos cas tarefas desta semana, páxina 32, lemos e coloreamos, e marcamos cun tick ou unha cross segundo corresponda, no seguinte exercicio lemos coloreamos e enumeramos, despois escribimos.

Na páxina seguinte (33) falamos das estacións, enumeramos as viñetas segundo corresponda e escribimos o nome da estación; o seguinte exercicio é de debuxar, tendes que debuxar a vosa estación favorita e a vós disfrutando dela, non vos esquezades de escribirme cal é!! A min encántame a primavera-spring!

Rematamos ca páxina 34, seguimos as pegadas e escribimos, que misterio!

Boa semana!!!

Tarefas Inglés 1º (01.06.20) sticky icon

Bo día nenos/as, 

tarefas para esta semana, moi delicioso todo: comida!! yummy yummy!!! Na páxina 26 temos que colorear a comida que ven das vaquiñas e escribir o nome, e na seguinte tarefa debuxamos a nosa comida favorita feita de leita!! A min encántanme os iogures, e a vos???

Na páxina 27 temos de novo animais de granxa, en cada debuxo hai un que parece que se escapou da sua casiña para facer novos amigos, rodeamolo e escribimos o seu nome debaixo, vale?

E rematamos ca páxina 28, facemos o crossword e escribimos a palabra escondida, e finalmente o laberinto.

Boa semana!!

Décimo segunda semana sticky icon

Bo día familias. Adxunto tarefas para realizar esta semana. Espero que vos sexan de utilidade. Unha aperta moi grande!

Guía e solucións das unidades 12 de Lengua, Lingua, Matemáticas e Unidades 6 de C. Sociais e C. da Natureza. sticky icon

Bos días, hoxe adxunto as últimas unidades que teríamos para o mes de xuño, tanto de matemáticas, lengua e lingua, coma de ciencias da natureza e ciencias sociais. Sei de antemán que algúns ides con retraso pero aconsello que as fagades de todos os xeitos, eso fará que os contidos non sexan novos para os alumnos e alumnas nos seguintes cursos.

Coidadevos moito e saúdos para todos e todas.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar