You are hereEducación Primaria, 1º Ed. Primaria, 2º Ed. Primaria, 3º Ed. Primaria, 4º Ed. Primaria, 5º Ed. Primaria, 6º Ed. Primaria, Viaxes didácticas E.P.

Educación Primaria, 1º Ed. Primaria, 2º Ed. Primaria, 3º Ed. Primaria, 4º Ed. Primaria, 5º Ed. Primaria, 6º Ed. Primaria, Viaxes didácticas E.P.


Tarefas para o alumnado de 4ºB semana 8 de xuño sticky icon

Adxúntase arquivo coa relación de tarefas para o alumnado de 4º B a facer na plataforma virtual da editorial Vicens Vives para comezar na semana do 8 de xuño.

- As tarefas para esta semana inclúen actividades de Matemáticas, Lengua Castelá e Lingua Galega.

- Recordade ler sempre os contidos e facer despois as actividades, premendo despois ao botón "Comprobar" e visualizar os vídeos que vos recomendo. Hai actividades que son de debuxar, redactar... podedes facelas nun caderno ou papel e enviarmas ao correo "4beloisarivadulla@gmail.com" ben escaneadas ou en fotografía. 

Adxúntanse dúas fichas de repaso de Matemáticas: unha sobre as unidades de medida de masa e capacidade e outra sobre as medidas do tempo e o diñeiro.

- Adxúntase unha ficha de repaso de Lengua do tema desta semana.

- Destas tres fichas de repaso adxúntanse as solucións.

- Estarei dispoñible na plataforma Abalar e a través do correo electrónico que vos indiquei antes.

Unha aperta e ánimo nesta última semana de traballo!!

ACTIVIDADES 4ºA - 8 XUÑO sticky icon

Bo día!

Unha semana máis, adxúntase arquivo coa relación de tarefas para o alumnado de 4º A.

Na área de Ciencias Sociais, veredes que se adxuntan varios mapas mudos para resolver (Mapa das Comunidades Autónomas de España, mapa das provincias de España e mapa das provincias de Galicia), así como os mesmos mapas xa completos para que poidades comprobar as vosas respostas.

Moito ánimo! Xa queda nadiña...

TRABALLO DE MÚSICA - 8º SEMANA - 1º CURSO sticky icon

OLA!!! BO DÍA!!!

DÉIXOVOS O TRABALLO DE MÚSICA PARA AS SEGUINTES SEMANAS

UNHA APERTA!!!

Décimo terceira semana 1º EP sticky icon

Bo día familias! Achego as actividades para realizar ao longo de esta semana. Unha aperta e moito ánimo!

Receita de cociña 1º EP sticky icon

Bo día familias! Que tal? Déixovos por aquí as fotiños das receitas de cociña! Que boa pinta ten todo! Moitas grazas pola participación e moito ánimo!!

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar