Skip to Content

Saídas

EXCURSIÓN FAROS DE MERA (3º e 4º de primaria)

Álbum: 2.2 Excursións e saídas -> EXCURSIÓN A COSTA DE DEXO E SERANTES MONUMENTO NATURAL (3º e 4º PRIMARIA)

O día 11 de decembro, o alumnado de 3º e 4º fomos de excursión aos faros de Mera. Alí realizamos varias actividades relacionadas co proxecto que estamos a traballar no cole "O Mar".

Fixemos unha ruta pola costa de Dexo visitando o Seixo Branco, escoitando as explicacións dos nosos guías sobra a fauna e a flora do lugar.

Despois de facer esa caminata impresionante pola costa, leváronnos á aula do mar para rematar de explicarnos o funcionamento dos faros e mais curiosidades sobre o mar.

SAÍDA ACUARIO E TORRE DE HÉRCULES (1º e 2º primaria)

Álbum: 2.2 Excursións e saídas -> SAÍDA ACUARIO E TORRE HÉRCULES 1º e 2º

O pasado día 12, os nenos e nenas de 1º e 2º pasamos unha mañá moi divertida no Acuarium Finisterrae e na Torre de Hércules.

Gustounos todo moito, pero “o tiburón Gastón” e a sala de luces das medusas deixáronnos impresionados.

Sen dúbida, as vistas dende a Torre de Hércules (a pesares da choiva) e o maiores que nos sentimos subindo as súas 234 escaleiras, foron a mellor experiencia do día.

Deixámosvos unhas fotos da visita para levarvos un ratiño con nós.

VIAXE A BURELA (5º e 6º primaria)

O pasado 21 de outubro os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria fomos de excursión á Mariña Lucense. Visitamos o porto de Burela onde nos ensinaron un Barco Museo Boniteiro, "Reina del Carmen".


 

Vimos todos os compartimentos do barco: cuberta, ponte de mando, adega, camarotes, revivindo como era a vida a bordo dun barco boniteiro dos anos 60, cando os mariñeiros saían pescar durante uns 25 días.

 

Deseguido paseamos polo porto.

Aquí estamos xantando.

 

 

A continuación fomos ver a lonxa e a fábrica de xeo.

Que divertido! Se parece que neva!


Por último, fomos á praia das Catedrais, que lugar máis fermoso!

E que sorte tivemos que a marea estivera baixa!



Foi unha viaxe xenial!!!

 

VISITA MUSEO BELAS ARTES DA CORUÑA

O xoves 3 de maio os cursos de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. Esta actividade estivo relacionada co Proxecto "Pequenos Pintores".

Fomos recibidos por monitores que nos ensinaron moito sobre as obras que ten o museo.

Rematamos cuns talleres moi divertidos.

FAI CLIC NA IMAXE

EXCURSIÓN A SANTIAGO 5º E 6º PRIMARIA (21 de Marzo de 2019)

Álbum: Educación Primaria -> VISITA SANTIAGO DE COMPOSTELA 5º e 6º

(FAI CLIC NA IMAXE)

O día 21 de marzo, 5º e 6º de primaria visitamos o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), na cidade de Santiago de Compostela. Aprendemos a ver a arte desde un punto de vista moi innovador, onde se utiliza: o son, a luz, o corpo, materiais de reciclaxe,... 

Rematamos visitando a zona vella desta fermosa cidade guiados por Isabel, gran coñecedora da súa historia e monumentos.

 

Un bo día!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut