Skip to Content

VIAXE A BURELA (5º e 6º primaria)

O pasado 21 de outubro os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria fomos de excursión á Mariña Lucense. Visitamos o porto de Burela onde nos ensinaron un Barco Museo Boniteiro, "Reina del Carmen".


 

Vimos todos os compartimentos do barco: cuberta, ponte de mando, adega, camarotes, revivindo como era a vida a bordo dun barco boniteiro dos anos 60, cando os mariñeiros saían pescar durante uns 25 días.

 

Deseguido paseamos polo porto.

Aquí estamos xantando.

 

 

A continuación fomos ver a lonxa e a fábrica de xeo.

Que divertido! Se parece que neva!


Por último, fomos á praia das Catedrais, que lugar máis fermoso!

E que sorte tivemos que a marea estivera baixa!



Foi unha viaxe xenial!!!

 



page | by Dr. Radut