Skip to Content

E. Primaria

XESTIÓN DE EMOCIÓNS PARA A CONVIVENCIA

O día 20 de novembro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria asistimos a unha charla moi interesante sobre emocións,impartida por unha psicóloga e tamén profesora universitaria.

Falounos da ira, dos celos, da empatía, da confianza ... e de como xestionar estas emocións para mellorar a convivencia e poder sentirnos mellor con nós mesmos.

DEBUXANDO OS FAROS (3º educación primaria)

Os nenos e nenas de terceiro estivemos debuxando diferentes motivos relacionados co mar e quedáronnos preciosos!!!!

 

OBRADOIRO DE HIXIENE POSTURAL

Álbum: 2.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> OBRADOIRO DE HIXIENE POSTURAL

O día 28 de outubro os cursos 5º e 6º de Primaria participaron nunhas charlas promovidas polo Concello sobre hixiene postural e dieta saudable.

Os dous poñentes, apoiándose nunha presentación en Power-Point e con exemplos prácticos, explicaron normas moi sinxelas para levar a cabo na nosa vida cotiá e, deste xeito, coidar o noso corpo.

OS FAROS DE 3º PRIMARIA

En terceiro de primaria durante este curso 2019/2020, imos traballar Os faros e as costas de Galicia. Estivemos localizando todos os faros que coñecemos  e trouxemos cunchas do mar, faros de adorno, fixemos faros de materiais de refugallo e debuxos de faros.

Imos seguir navegando á bordo deste emocionante proxecto!!!

CONVIVENCIA GANDARÍO (18 e 19 de Xuño)

Álbum: Educación Primaria -> SAÍDA GANDARIO

FAI CLIC

Os días 18 e 19 de xuño, os cursos de 3º a 6º de Educación Primaria puidemos desfrutar de dous días de convivencia no albergue de Gandarío.

Foron dous días inesquecibles, cheos de actividades. Aínda que o tempo non acompañou moito, tivemos unha tregua para darnos un baño na praia, logo tivemos tempo de xogar, comer, facer unha festa nocturna, facer unha andaina ata o pobo de Sada...foron dous días de convivencia cheos de emocións e bos momentos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut