Skip to Content

E. Primaria

DOAZÓN DE TAPÓNS PARA ALEXIA

Álbum: 2º de primaria -> Doazón de tapóns a Alexia

O alumnado de 2º de Educación Primaria na área de Valores Culturais e Cívicos púxose en contacto coa Fundación Amigos de Galicia para doar as caixas de tapóns que tiñamos no CEIP de Teixeiro.

Ditos tapóns foron para Alexia Guadalupe López posto que precisa 4.247 quilos. Alexia é unha nena de 2 anos e 7 meses. Padece parálise cerebral infantil bilateral e epilepsia. A terapia mellora a súa psicomotricidade. Os cartos que se recauden irán destinados a cubrir sesións de equinoterapia  para 6 meses. 

 

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL: O CAMBIO CLIMÁTICO (3º e 4º primaria)

O pasado 13 de decembro, o alumnado de 3º e 4º recibiu unha charla organizada polo concello en colaboración coa asociación Bioesfera Terras do Mandeo e que se engloba dentro dunha Campaña de concienciación ambiental no Concello de Curtis..

Nesta charla faláronnos sobre o cambio climático, sobre as accións que no día a día podemos facer para cambiar a situación do noso planeta, e como debemos concienciarnos de que se  entre todos poñemos o noso gran de area o futuro do noso mundo será positivo. 

O CICLO DA AUGA (5º e 6º primaria)

O venres 13 de decembro, na aula de Medioambiente, os cursos de 5º e 6º asistimos a un obradoiro sobre "O ciclo da auga".

Primeiro explicáronnos, unha vez máis, a importancia que ten este elemento na vida, os seus usos e o tratamento que recibe para ser potable.

Rematamos cun xogo moi dinámico e divertido, onde amosamos todo o aprendido. Para repetir!!

CONTOS PARA LEVAR NO PETO (1º /2º e 3º primaria)

O pasado 10 de decembro, os alumnos/as de 1º, 2º e 3º puidemos desfrutar dun contacontos moi divertido.

O título do conto foi  “Contos para levar no peto”, e como podedes ver nas fotos pasámolo xenial. Tivemos que acompañar a Sergio en moitas das súas aventuras,  axudándolle a resolver algún que outro enigma cos animaliños que atopaba.

Foi unha sesión chea de maxia e diversión.

CAMPO A TRAVÉS

Álbum: 2.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> CAMPO A TRAVÉS

O pasado 5 de decembro o noso cole participou na xornada deportiva de Campo a Través.

O lugar da celebración foi no CEIP DE PRÉSARAS.

Os colexios que participaron foron:

  • CEIP DE TEIXEIRO
  • CEIP DE OZA DOS RÍOS
  • CEIP DE CESURAS-BRAGADE
  • CEIP DE PRÉSARAS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut