AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO.

No DOG do 22 de maio de 2016 publícase a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018. Nesta convocatoria unifícanse as axudas que anteriormente se tramitaban en convocatorias separadas.

No curso 2017/2018 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria.

Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na web do centro e no portal da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988 

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as os/as fillos/as que estean escolarizados no centro. O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día 22 de maio e remata o 23 de xuño de 2017, inclusive.

No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para Educación Primaria:

-Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros

-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros

Para os efectos de renda terse en conta o exercicio fiscal do ano 2015 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2015.

No caso das axudas para a compra de material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.

Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto.

A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.  De non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario para dar cobertura aos solicitantes en función da renda sinalada no caso das axudas para adquisición, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.

Anexo I. Impreso de solicitude

Orde de Covocatoria