try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Lectura e Familias

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

De novo, no CEIP de Rebordáns celebramos esta data internacional , o Día da Muller. Para conmemorala levamos a cabo distintas actividades:

- Estreamos o noso "Paseo da fama" coas nosas mulleres máis importantes.
- Fixemos un mural con referencia ás nosas nais.
- Creamos distintas manualidades relacionadas coa temática.

E para finalizar, Tepo e Tepa presentáronnos no espazo de lectura do corredor, unha interesante exposición de libros, que nos axudan a entender e disfrutar que é iso da igualdade.


 Si queredes ver isto e moito máis, premede na foto para ver o vídeo:

SEMANA DA PRENSA

Foi o luns, 6 de marzo, cando os axudantes da biblioteca de 5º e 6º de primaria, puxéronse mans á obra.

Xa que atopábamonos na Semana da Prensa, decidiron montar o quiosco da Tepoteca.

E aquí tedes o resultado!

Tepo e Tepa están moi emocionados coa acollida. Os nenos e nenas do cole de Rebordáns achegáronse a gozar dos xornais e revistas.

Logo decidiron crear, xunto coas súas familias, novas noticias locas que tamén emitiron na Reborradio.

 

LECTURA E FAMILIAS

Ola familias!

Esperamos as vosas visitas para compartir un rato de boa lectura na aula dos vosos fill@s ou net@s.

VOLVEN OS BOOKTUBERS!

Tepo e Tepa esperan de novo as vosas fantásticas recomendacións.

Esperamos moitos vídeos!

MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA!

 Ola familias! 

De novo, poñemos en marcha as mochilas viaxeiras

As mochilas irán de casa en casa con lecturas para ser compartidas en familia.

Poderedes telas en casa durante unha semana, e despois voltarán ao cole para contarnos que tal foi todo. 

No caderno viaxeiro compartide as vosas vivencias e anécdotas, facede debuxos ou pegade fotos.

Lembrade que é importante a puntualidade. Así todas as familias poderán gozar coa mochila.

Contén tamén unha enquisa onde poderedes aportar todas as ideas que axuden a mellorar esta iniciativa.

Esperamos a vosa colaboración con moita ilusión.

 

Boas lecturas, familias!

 

 

3 DE DECEMBRO - DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O día 3 de decembro celébrase o día da diversidade funcional.

Cada un de nós é moi importante e valioso, ten moito que decir e moito que aportar.

Todas e todos temos habilidades únicas e marabillosas.

Ser diferentes é o máis normal!

Porque no cole de Rebordáns todas e todos estamos baixo o mesmo paraugas!

Preme na imaxe para ver o vídeo.

EDUCAMOS NA IGUALDADE - 25 N

Familias!

Dende a Tepoteca, neste 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, queremos recomendarvos algúns dos seguintes títulos. 

Premede na imaxe para ver.

Gozade da montaxe realizada polo equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Poderedes ver as fotografías do noso alumnado que pretenden sensibilizar sobre a eliminación da violencia sobre as mulleres a toda a comunidade educativa do CEIP de Rebordáns.

OBRADOIRO CON CHARO PITA: "ABRAZAR COAS PALABRAS"

 Ola familias!

 Enmarcado no programa Lectura e Familias, o martes 8 de marzo ás 16:30 horas temos o pracer de recibir na nosa biblioteca a Charo Pita.

 Charo Pita é escritora, actriz e contacontos galega. Ten unha gran experiencia en obradoiros de lectura expresiva e narración oral. Nesta ocasión vainos ofrecer o obradoiroAbrazar coas palabras.

 Non podedes faltar!

 Nós xa estamos a desexar que chegue o día!

 Aquí deixámosvos un pequeno avance para ir abrindo boca…

CONTINUACIÓN BOOKTUBERS

Aí van os novos vídeos...

Xavi Rocha de 5º de infantil vainos propoñer Feliz Navidad, Lobo Feroz e por outra banda a súa irmá Iria Rocha de 3º de primaria, a colección El Diario de Greg e Cerdito de Navidad.

        

 

Seguimos con irmás, Lucía Barbosa de 6º de primaria e Diana Barbosa, exalumna do cole, tamén aportan as súas lecturas.

          

INICIAMOS A SEMANA CON NOVOS BOOKTUBERS!

Comezamos esta semana coas pilas moi cargadas e moi entusiamados pola vosa implicación nas recomendacións lectoras.

Moitísimas grazas, familias!

A continuación, podedes ver as novas. Non perdades detalle. Son todas estupendas.

Carmen Pérez de 5º de primaria quere presentarnos a colección La diversión de Martina.

 

Alba Carrera de 3º de primaria  recoméndanos Karina & Marina. Un minuto para triunfar.

 

Xiana Soutelo de 4º de primaria fálanos de dous libros, un en galego e outro en castelán; Escarlatina, a cociñeira difunta e ¿Papá, dónde se enchufa el sol? Non podemos obviar dicir que somos fans dos libros de curiosidades.

 

       

De 4º de Infantil, Emma Vázquez, xunto coa súa tía, quere mostrarvos El monstruo de colores. Aquí tedes o vídeo.

 

Agradecemos a Noa Mariño de 3º de primaria por aportar tamén o seu libro O cabalo. É que os libros de animais... encántannos!

E os irmáns voltan a recomendar. Neste caso son Andrea Sousa de 3º de primaria e Diego Sousa de 5º de primaria, que queren mostrarnos Los Cinco. Tim resuelve un caso; e El Gran Regreso al Reino de la Fantasía. 

Tomamos nota!

                                 

 

Parabéns a todas as familias! 

Distribuir contido