try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Orientación

Dia da Paz

Dia da PAZ on PhotoPeach

30 de xaneiro, DIA DA PAZ

 Desde 1964, para conmemorar a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa.

Tentou frear os choques entre hindús e musulmáns e foi encarcerado en numerosas ocasións. O 30 de Xaneiro de 1948, foi asasinado a tiros por un fanático hinduista.

 

O noso agradecemento a todos os centros educativos, organizacións e persoas que fixeron posible esta recompilación de recursos sobre a Paz.

VIDEOS EDUCATIVOS SOBRE A PAZ

Tolerancia y respeto

Malak y el barco

El Poder de un Abrazo

Trabajo en Equipo Pingüinos, Hormigas, Cangrejos

El regalo/The present Jacob Frey

Mustafa sale a caminar

Dia da Paz e Guernica

Sadako & las Mil Grullas de Papel

La historia de Ivine y Almohada

Misión Sanitaria País Bassari 2017 ( ONG África Sawabona)

IMAGINE, coa letra da canción de John Lennon, prólogo de Yoko Ono Lennon e ilustrado por Jean Jullien. En colaboración con Amnistía Internacional.

Malala Yousafzai, a persoa máis nova en recibir o  Premio Nobel da Paz, relata unha historia dunha rexión destruída  pola guerra. Cando Malala era nena en Pakistán quería ter un lapis máxico. Usaría este lapis para:

Poilus:Curta de animación sobre a guerra

Cannons: Así deberían ser todas as guerras

Trois petits points - Animation Short Film 2010.  Curta realizada por varios estudiantes da academia de animación francesa Gobelins.

 Enlaces de interés

http://abprefugiados.blogspot.com.es/ ( ABP Refugiados. Proyecto interdisciplinar para trabajar el tema de los refugiados y migrantes).

https://www.oxfamintermon.org/?id=1398 ( ONG que traballa para que as persoas poidan saír da pobreza).

http://sgep.org/ ( Seminario galego pola paz).

http://www.accem.es/ ( ONG que traballa para mellorar a calidade de vida dos refuxiados).

 Recompilación de recursos para a paz ( Elaborada polo C.E.I.P. VICTOR SAENZ de Mazaricos (A Coruña) na que se recollen recursos de centros incluidos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación da Xunta de Galicia).

 

 

 

 

3 de decembro, Dia Internacional das persoas con discapacidade

O dia 3 de dicembro foi proclamado como Día Internacional das Persoas con Discapacidade pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.

Cremos importante traballar desde casa, valores que fomenten a comprensión e a inclusión de todas as personas con algún tipo de discapacidade. Para isto, propoñemos una serie de actividades de videos e contos que traballan estas ideas.

  • Vídeos para sensibilizar sobre a DISCAPACIDADE:

EL VIAJE DE MARÍA.

SI PODEMOS.

LOS COLORES DE LAS FLORES.

UNA LUZ DIFERENTE.

LA HISTORIA DE BORJA.

LA HISTORIA DE TERESA.

LA HISTORIA DE TOLO.

MY NAME IS JOSE.

SUPER ANTONIO.

HUGO, UN AMIGO CON ASPERGER.

EL CAZO DE LORENZO.

POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA.

WE'RE THE SUPERHUMANS/RIO PARALYMPICS 2016 TRAILE.

MI HERMANITO DE LA LUNA.

  • “Ni más ni menos : por preguntar que no quede” . Caderno de educación en valores editado polo MEC. Orientado a familias e centros educativos. » Descargar PDF
  • Web  da Organización de Nacións Unidas (ONU), con comunicados e actividade anual nas diferentes áreas desta temática. www.un.org/spanish/disabilities/

Todos contra a violencia de xénero


Campaña de nenos e nenas de Italia en prevención de Violencia de Xenero ¡Dálle unha labazada!

Presentación en Santiago do curso aulas I+I

Sorry, flash is not available.

Día Internacional del Cáncer Infantil ¡Resistiré!

Resistiré! é o berro de guerra que a asociación Juegaterapia propón a todos os nenos enfermos de cancro e que se converte a partir de hoxe, Día Internacional do cancro na infancia, no seu himno. Para que poidan compartir cos outros, cantar, tocar, bailar, loitar e deixar KO a enfermidade.

A peza central desta campaña é un vídeo no que varios nenos coa enfermidade versionan a canción do Dúo Dinámico 'Resistiré'. O vídeo conta a historia dunha nena que a través do xogo pode evadirse da dura rutina do hospital. Así, métese na pantalla dun videoxogo e intercambia danzas e xogos con outros nenos. Resistiré! é como unha mediciña chea de cor. É a homenaxe que lles fai Juegaterapia, amigos e toda a sociedade e aqueles pequenos loitadores que nunca se rinden á adversidade..

Fonte: Faro de Vigo, 15 de febrebreiro 2017

Presentación do curso aulas I+I

Sorry, flash is not available.

O 13 de xaneiro, un grupo do profesorado do CEIP Rebordáns, asistiu á presentación dun proxecto piloto que ten como obxectivo que as aulas igualitarias e inclusivas se convirtan nunha realidade.

Este proxecto piloto está integrado por cinco centros seleccionados no que tentaremos sensibilizar á comunidade educativa da necesidade de afondar nas estratexias que favorezan a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas xa que ainda que a inclusión é unha realidade integrada nos centros, resulta necesario desenvolver estratexias para levala á práctica dun xeito efectivo e identificar cales delas son as mellores para favorecela.

Aprendemos con CUERDAS

As persoas somos diferentes, uns baixos, outros altos, a uns dásenos mellor as mates, a outros as linguas ou os deportes,…

Temos que aprender que estas diferencias non son importantes para o día a día, ademáis, é moi divertido que todos sexamos distintos! Imaginádevos que aburrido seria que todos foramos iguais?

Temos que respectar as ideas diferentes ás nosas, poñernos no lugar doutra persoa que non está a sentir o mesmo ca nós, intentar entendernos para coñecernos.

Por exemplo existe uns trastorno que lle pode ocurrir a moitas persoas que se chama PARÁLISE CEREBRAL. Nela os rapaces e rapazas teñen dificultades para mover os músculos, como lle pode pasar a un deportista cando ten unha lesión. Pero a eles afectalle tamén  aos músculos que permiten falar e moitas veces a xente pensa que como non falan ben, e non se moven ben, non ententenden nada. Pero equívócanse, porque si entenden todo.

Destas diferenzas e de comprender aos demais, e do que trata a curtametraxe “ Cordas” que animamos a que a vexades.

 

        Alumnado de 5º, presenta a película de Cuerdas.

 

 

 

 

 

 

Superlola, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero da Comunidade de Madrid

Videoconto "Superlola" da Comunidade de Madrid que serve de apoio ao Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

O medo ¿ Amigo ou enimigo?

Medo (Fears) é un corto animado de dous minutos de Nata Metlukh producido no 2015 .Gañador de

moitos  premios en diferentes festivais de cine.

Todas as emocións teñen a súa utilidade.

 


 

Distribuir contido