try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Día Internacional del Cáncer Infantil ¡Resistiré!

Resistiré! é o berro de guerra que a asociación Juegaterapia propón a todos os nenos enfermos de cancro e que se converte a partir de hoxe, Día Internacional do cancro na infancia, no seu himno. Para que poidan compartir cos outros, cantar, tocar, bailar, loitar e deixar KO a enfermidade.

A peza central desta campaña é un vídeo no que varios nenos coa enfermidade versionan a canción do Dúo Dinámico 'Resistiré'. O vídeo conta a historia dunha nena que a través do xogo pode evadirse da dura rutina do hospital. Así, métese na pantalla dun videoxogo e intercambia danzas e xogos con outros nenos. Resistiré! é como unha mediciña chea de cor. É a homenaxe que lles fai Juegaterapia, amigos e toda a sociedade e aqueles pequenos loitadores que nunca se rinden á adversidade..

Fonte: Faro de Vigo, 15 de febrebreiro 2017