try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Orientación

O conto da bruxa Pandora

25 de novembro " Día da non violencia de xénero"

8 de marzo, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Esta é unha celebración que as Nacións Unidas declararon no ano 1978, pero que ten a súa orixe o 8 de marzo de1908, en Nova York, onde 146 mulleres morreron queimadas na industria textil Cotton polas bombas incendiarias que lanzaron dentro do edificio ante a negativa das mulleres de abandonar o encerro en sinal de protesta por esixir o que lles pertencia. O “Día Internacional da Muller “ representa o recoñecemento dos logros acadados, pero tamén a denuncia pública das situacións que continúan fomentando as desigualdades entre ás mulleres.

8 de marzo día internacional da muller from setestralos on Vimeo.

30 DE XANEIRO: "DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA"

Aquí podedes ver o Lipdub que elaboramos para conmemorar o Día da Paz. Nel participamos todos os nenos e nenas do colexio.Para nós foi unha gran experiencia xa que todos estabamos a facer a mesma actividade de forma simultánea.


O tema musical que empregamos foi a canción de Juanes titulada "PAZ,PAZ,PAZ".


Sorry, flash is not available.

Departamento de Orientación

00/00/

Para acadar os obxectivos previstos como prioritarios no noso PEC, que abrangue os temas transversais da coeducación ( cara a desterrar o machismo que persiste no entorno ) e a vivencia dos valores democráticos propios das sociedadades máis desenvolvidas; ademáis de por en marcha as funcións  que por lei lle son propias, consideramos fundamental este departamento porque contribuirá a desenvolver a organización do centro.

 Compoñentes: 

                        . Responsable da Orientación.

                        . Xefatura  de estudios.

                        . Titorías: responsables coordinación de ciclo.

                        . Responsable aula de apoio.

  Funcións:

Ademáis das recollidas na Orde do 24 de xullo de 1.998, consideramos oportuno atribuirlle as seguintes funcións:

  a). Cara o profesorado:  

- Coordinación co profesorado de educación infantil.

- Coordinación coas titorías.

- Colaborar xunto coa Comisión  de Coordinación Pedagóxica, no deseño das  actividades   encamiñadas  a

  mellorar as relacións  de   convivencia  entre o alumnado e de facer participar nelas a toda a comunidade  escolar.   

- Elaboraciónn   do  PAT, tendo   como puntos    preferentes  a  coeducación e   a    convivencia    nos    valores

  democráticos, así    como  a    participación  da   integración neles do alumnado con necesidades

  educativas  especiais.

- Coordinar e    favorecer   a elaboración  de ACIS que realizará o titor ou titora coa   axuda  do responsabe da aula de

  apoio,  e  coa  colaboración de  todas  aquelas persoas que se   precisen; así como   nas actividades de

  recuperación , reforzo  ou   intervención sobre alumnado que  o precisen.

  b). Funcións cara o Centro.  

- Participar nas reunións do PEC.

- Participar na valoración do ensino en galego.

  c) Funcións cara as familias e ao alumnado: 

 - Convocar  reunións de principio de curso para  pais/nais para explicarlle as  directrices e obxectivos do departamento   e buscar a súa colaboración.

- Aproveitar a   entrega de  notas  en   cada   avaliación   para   convocar   as familias ao centro e  para asesorar individualmente na orientación académica.

- Organización   de  charlas   e   outras   actividades  dirixidas  a  sensibilizar  e implicar   ás familias.

  Reunións: Ademáis das previstas por lei, o propio departamento fixará  a principio de curso a temporalización das mesmas, así como convocar outras reunións extraordinarias que considere necesarias.   

Distribuir contido