UN NADAL PARA NÓS E PARA OS OUTROS

Nestes días, que se nos marcan especiais, queremos destacar a necesidade de colaborar e axudarnos mutuamente como persoas, pero ao mesmo tempo incidir que necesitamos coidarnos nós favorecendo a...

AUTOESTIMA

Pilar da conduta humana, relaciónase coa saúde mental. O que pensamos de nós.

Pais, amigos e mestres participan na formación dunha boa ou mala autoestima.

Preparamos aos fillos e alumnos para ser independientes, para que se respecten a sí mesmos e respecten aos outros, a ser responsables e a ser emocionalmente estables.

Os seis pilares da autoestima seguindo a Nathaniel Branden son:

Coñecerse: significa ter conciencia das accións, palabras, valores. Coñecer as debilidades e as habilidades propias. Saber os motivos polos que actuamos.

Aceptarse: aceptarse como é un. Decidir aceptarse, quererse e valorarse. Non significa aceptar todo o que facemos ou somos pero si querernos e valorarnos a pesar das cousas que igual teñamos que ir cambiando.

Responsabilizarse: ser responsable de actos e logros a acadar, incluíndo o benestar propio. Pero non somos responsables de todo o que nos sucede. Non podemos culparnos ou sentirnos inferiores por cousas que non poidamos cambiar.

Precisamos de serenidade para aceptar as cousas que non se poden cambiar. Valor para cambiar aquelas que se poden cambiar , e sabiduría para recoñecer e aceptar as diferencias”.

Afirmarse: disposición de valerse por se mesmo, tratar con respecto aos outros e a un mesmo. Non é ser agresivo nin abasallar aos outros. O noso valor está en nós mesmos.

Ter propósito de vivir: valemos por ser persoas, non polo que temos, nin siquiera polo que nos queiran....

Ter integridade: consiste na integración de ideais, valores e normas por un lado, e a conduta polo outro.

Actuar seguindo os nosos valores.

 

Powered by Drupal - Design by artinet