DÍA MUNDIAL DA ARTE en 2ºB, 15 de abril

Desde 2012, cada 15 de abril celébrase o Día Mundial da Arte, unha data que busca dar a coñecer a importancia da arte e, sobre todo, do pensamento creativo, para a evolución do pensamento humano e a resolución dos problemas que nos aflixen.

 

O 15 de abril celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Arte, unha ocasión para valorar a importancia das diferentes disciplinas artísticas. As 7 artes que nos rodean e que este día celebra son: Arquitectura, Escultura, Pintura, Literatura, Música, Danza e Cine.

Estableceuse que sería o 15 de abril, porque este é o nacemento dun dos máis grandes artistas da humanidade, Leonardo Da Vinci, un home que foi pintor, escultor, deseñador, arquitecto, poeta, biólogo e un longo etcétera. por iso é considerado o home do renacemento.

da vinci

Unha das súas obras por excelencia foi a GIOCONDA ou MONA LISA.

 

Outra o debuxo do HOME DE VITRUVIO: O home de Vitruvio ou estudo das proporcións ideais do corpo humano é un famoso debuxo acompañado de notas anatómicas do artista realizadas arredor de 1490 nun dos seus diarios. Representa unha figura masculina espida en 2 posicións superpostas de brazos e pernas e inscrita nunha circunferencia e un cadrado (Ad quadratum). Trátase dun estudo das proporcións do corpo humano, feito a partir dos textos arquitectónicos de Vitruvio, o arquitecto da antiga Roma, cuxo nome leva o debuxo.

 

A arte é unha das formas de expresión humana máis evolucionadas. A través dela, o home pode expresar a súa visión persoal sobre o que lle doe, lle interesa ou simplemente lle parece fermoso, a través de recursos plásticos, sonoros ou lingüísticos.

Entre as moitas vantaxes que a ciencia detectou sobre a práctica da arte desde idades temperás, as máis importantes son:

• Desenvolve unha sensibilidade que lle permite á persoa desenvolver un código ético moi sólido.

• Axuda a aumentar a concentración.

• Permite o desenvolvemento de estruturas de pensamento moito máis complexas.

• Fomenta o desenvolvemento da creatividade tanto individual como grupal.

• Favorece a tolerancia.

• Aumenta a confianza e o autoconcepto do individuo.

En 2º B estamos celebrando esta data con diferentes traballos sobre as sete artes coas que podemos experimentar.

 

Powered by Drupal - Design by artinet