Outro ano máis que remata doutra maneira diferente ao que estabamos acostumados e acostumadas!
Pero aínda así non nos impide esta situación de pandemia facer a típica actuación do Festival de Nadal que estrearíamos mañá día 21 de decembro como peche do primeiro trimestre.
Este ano adicámoslle xunto coa profe de prácticas Uxía o tempo de ensaio á posta en escea do conto Crebanoces, combinando música, teatro e danza.
Crebanoces, un dos ballets máis coñecidos de Tchaikovsky é unha fábula de espíritu navideño que fala da añoranza pola infancia perdida e o choque entre a realidade dos adultos e o mundo dos soños dos nenos e nenas.
O libro pertence a Marius Petipa que deriva dun texto de Alexandre Dumas, que a súa vez inspirouse no célebre conto de E.T.A. Hoffmann "O Crebanoces e o rey dos ratos".
A maxia, a inocencia, a beleza exterior e a valentía son os eixos de O CREBANOCES.
Ademáis queremos felicitarvos co deseño da nosa postal de clase deseñada a partires desta temática
BO NADAL!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
O crebanoces (4ºEP).pdf | 94.89 KB |