DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como unha persoa, en pé de igualdade co home.

As mulleres unidas teñen o poder de cambiar o mundo e loitar pola igualdade en todos os ámbitos da sociedade.

O alumnado do CEIP de Arzúa realizou este mural que leva por título "AS MULLERES MOVEN O MUNDO".

Decoramos con moitas flores diversas e coloridas o vestido da figura dunha muller da que saen bolboretas fermosas e libres que portan mensaxes esperanzadoras como: "As mulleres moven o mundo: loitando, co corazón, investigando, cando estamos unidas, porque son valentes, guerreiras e poderosas, creando, co seu poder, atrevéndonos a soñar e ser o que elixamos, co valor, sendo libres, felices, amables, atrevidas..."

Ademais deste mural común, tamén se realizaron diversos traballos a nivel de aula. Investigamos sobre esta conmemoración e os logros obtidos, ou aprendemos e repasamos a vida de moitas mulleres importantes na historia que fixeron posible estes avances ou destacaron nalgún campo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet