Un 24 de febreiro de 1837 naceu María Rosalía Rita de Castro en Santiago de Compostela e por iso se celebra o seu día nesta data en concreto.
Con tal motivo elaboramos unha serie murales en equipo, seguindo as normas Covid en todo momento e colaborando co equipo de Normalización do centro, unha actividade titulada ROSALÍA NA RÚA.
Pero tamén ROSALÍA NA CLASE, xa que decoraremos a nosa clase con estes traballos:
Viva Rosalía , a nosa estrela!!!!!
Tamén tivemos hoxe un contacontos, traido pola lectura do libro UN ELEFANTE QUE OCUPA MUCHO ESPACIO, no que intervimos e participamos activamente convertíndonos en actores e actrices de teatro
Fixemos marcadores e debuxos sobre este libro tan diferente: