O experimento do avión de papel, ademais de ser moi divertido, constitue unha oprtunidade para estudar algo coñecido como “as leis da aerodinámica”.
Cando lanzas un pequeno avión de papel nunha habitación tal vez non vos deades conta de que segue as mesmas leis que un voo 747!
Con apenas unhas poucas follas de papel e un pouco de paciencia, poderás explorar estas leis e investigar como logra manterse no aire un gran trozo de metal.
Para iniciar este experimento, construiremos diferentes deseños de avión con axuda de internet (www.paperairplanes.co.uk ). Logo probaremos cal deseño voa máis lonxe rexistrarémolo nunha táboa
Para iso necesitamos:
- Un montón de papel
- Moito espazo, para facer voar
- Unha cinta de medición
- Unha táboa para rexistrar os resultados
As probas de lanzamento foron do máis divertidas!!!!!