ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día, familias! Esta semana vos propoño as seguintes actividades musicais.

Comezaremos traballando a discriminación auditiva a través de este video:

https://www.youtube.com/watch?v=jchuB1MENBs

Seguimos aprendendo unha canción moi bonita sobre o vento cunha proposta musical moi interesante:

https://www.youtube.com/watch?v=pJwN1Rf43Ek&feature=youtu.be&app=desktop

E, para rematar, tomando como base a canción "Debajo un botón" que seguro que xa a coñecen, vos propoño facer un acompañamento, como aparece no video, para o cal necesitaredes uns cascabeis( tamén vos valen un xogo de chaves, maracas...) e uns pauciños a modo de claves ( o poden facer tamén percutindo nun pandeiro, tambor...). Cando na canción se diga "ton,ton,ton" que fagan o ritmo nas claves ( pauciños, pandeiro,tambor...) e cando se diga "tin,tin,tin" farán o ritmo nos cascabeis( chaves, maracas...). Seguro que o fan moi ben!

https://www.youtube.com/watch?v=eukQ1ptftl8

Unha forte aperta para todos e todas!

Powered by Drupal - Design by artinet