Día do Libro: 23 de abril

Hoxe, día 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Os nenos e nenas de 4 anos B fixeron varias actividades relacionadas con este día.

- Prepararon un marcapáxinas para os seus contos.

- Pero tamén, como lles encantan os contos, nesta ocasión, eles mesm@s quixeron crear un conto! Cada neno e nena fixo un debuxo libre, sen ningunha temática común, e dixéronlle á profe que era o que pasaba no seu debuxo. A profe Vanesa, simplemente ordenou as "páxinas" e de todo o seu traballo saíu este conto.

Esperamos que vos guste!

Coma sempre, moitísimas grazas ás familias por colaborar!

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet