ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL
Bo día familias, esta semana vos propoño estas actividades de música.
Comezaremos cunha lectura rítmica, primeiro que digan ta e titi e despois que intenten facelo ao mesmo tempo que dan palmadas ( unha con ta e dúas con titi).
https://www.youtube.com/watch?v=qD3zNojKGLw&t=74s
A seguinte actividade é un baile de México chamado " Las Chiapanecas" que está pensado para traballar o ritmo e o movemento.
Necesitaredes o pau dunha vasoira, fregona... e unha culler de madeira (ou similar).
https://www.youtube.com/watch?v=BRyEBqrZOpU
E para rematar, vos mando adxunta unha canción que bailaban xenial os vosos nenos e nenas, seguro que se acordan. Animádeos a que vola ensinen!
Se queredes poñervos en contacto comigo aquí tedes o meu email: musicaceiparzua@gmail.com
Unha aperta moi grande!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
16yipi yipi yi.mp3 | 1.81 MB |