PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE LEITE E PRODUTOS LÁCTEOS

Este curso, o noso centro participa na convocatoria do FOGGA co reparto de leite.

Executáronse as medidas de acompañamento do Programa escolar de consumo de leite e produtos lácteos, impulsadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

O CEIP de Arzúa foi seleccionado para realizar unha das actividades planificadas no marco deste Programa, consistente en realizar dous talleres con monitora externa para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.

 

 As actividades que se levaron a cabo foron as seguintes:

1. Cuestionarios

    O obxectivo destes cuestionarios é coñecer os hábitos de alimentación dos nenos e nenas antes de participar nos talleres, así como os seus coñecementos sobre o leite, os produtos lácteos e o proceso de producción.

2. Talleres

    Nestes talleres presentouse á vaca Lucy, a protagonista da campaña.

 

e tamén aos personaxes lácteos:

Todos xuntos forman a "Banda láctea"

 

3. Unha vez que o alumnado está familiarizado coa campaña e coas personaxes, procedeuse a un debate sobre o consumo de lácteos, no que os nenos e nenas contaron que produtos lácteos toman a diario e na fin de semana.

Con esta dinámica participativa, e coa axuda de Lucy, ensináronnos algunhas cousas:

- Inclusión de tres racións de lácteos ao día.

- Procedencia e modo de elaboración dos produtos lácteos.

- A variedade de produtos lácteos que podedes atopar.

Pero Lucy tamén nos contou un segredo:

Díxonos que o seu leite percorre un longo camiño. Antes de todo é muxir, que consiste nun proceso de extracción con axuda dunhas mangueiras.

Despois, o leite almacénase nuns tanques onde se arrefría para poder conservala en perfecto estado.

Logo, transpórtase, sempre ben fresquiña, a unhas instalacións onde a someten a varios procesos. O máis importante é o de PASTEURIZACIÓN. Lucy contounos en que consiste a pasteurización:

Consiste en purificar o leite e destruir calquera xermen que poida conter

Como se realiza a pasteurización?

- A pasteurización realízase con cambios bruscos de temperatura. O leite veu fresquiño e agora quéntano moito e despois vólveno arrefriar, incluso máis ca antes. E así, o leite xa case está listo para chegar ás vosas casas. Só faltaría o proceso de envasado e a distribución ás tendas e supermercados.

Pero Lucy tamén nos dou uns consellos moi saudables para estar fortes e sans coma ela. Ollade!

- Durmir 8 horas diarias

- Facer exercicio físico

- Levar unha dieta variada

- Facer 5 comidas ao día: almorzo, media mañá, xantar, merenda e cea.

 4. A continuación, levouse a cabo unha parte práctica que consistiu na realización dalgunha das fichas de actividades creadas ao amparo desta campaña.

5. Para finalizar, agasallouse aos nenos e nenas cun lactómetro para que poidan medir o consumo de lácteos durante a semana.

 

 

Podes divertirte coa vaca Lucy e a súa banda de lácteos na seguinte páxina:

https://lucydisfrutaconloslacteos.es/ 

Anímate!!! 

Powered by Drupal - Design by artinet