CONMEMORANDO AS LETRAS GALEGAS

O noso colexio comezou hoxe coas actividades organizadas para conmemorar as Letras Galegas. 

O alumnado de 1º E.Primaria realizou este fermoso mural.

 

A compañía de teatro Galeatro veu representar no noso salón de actos a peza teatral "O xogo das letras". Esta obra conta a historia de Xan, un rapaz que vai participar a un concurso coa intención de levar o premio final. Para iso, ten que superar unha serie de probas relacionadas coa cultura, a literatura e a xeografía galegas. Os actores contaron, nalgúns momentos, coa inestimable axuda do público.

  

  

 

O pase que fixeron para E. Primaria tamén tivo momentos moi simpáticos e o alumnado gozou coas ocorrencias da presentadora e de Xan, o protagonista da obra. 

  

Grazas á Compañía de teatro Galeatro por esta proposta tan orixinal e motivadora, que nos achegou dunha maneira lúdica á vida e obra do autor Antonio Fraguas, a quen se lle dedica este ano 2019 o Día das Letras Galegas. Entendemos a dificultade que supoñía presentar a figura homenaxeada ao público infantil.

Dámoslle as grazas tamén ao Concello de Arzúa por sufragar os gastos derivados desta actividade. 

Powered by Drupal - Design by artinet