CONTACONTOS " DANIELA PIRATA "

Un grupo de alumnos e alumnas que colaboran de forma voluntaria coa biblioteca escolar, dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias, prepararon un conto titulado "Daniela Pirata" para cotárllelo aos nenos e nenas de Educación Infantil. Como vimos de conmmemorar o Día Internacional da Muller, a historia escollida ten como protagonista a unha nena que nos amosa que, o importante na vida para conseguir o que queremos ser, son as nosas capacidades e a nosa actitude, non a nosa indentidade sexual. A discriminación de xénero é unha das máis terribles e duras de erradicar nas culturas. "Daniela Pirata" é un conto que reflicte a necesidade de valorar ás persoas polas súas competencias e que rompe cos estereotipos de xénero. A protagonista da historia, que se chama Daniela, ten un soño: formar parte da tripulación do temible barco pirata "Caimán Negro". Con intelixencia, forza, valentía e axilidade conseguirá facelo realidade a pesar das dificultades que lle pon o capitán da embarcación, que chega incluso a rexeitala por ser nena. Pero Daniela contará co apoio do resto dos mariñeiros da tripulación que berran "non" ante esta inxustiza.

 

  

Tamén dialogaron cos máis pequenos sobre os valores que transmite o conto, e xuntos chegaron á conclusión de que: as nenas e os nenos poden ser o que eles queiran e lles guste.

 

 

E para finalizar cantaron xuntos pola igualdade e o respecto.

 

Foi unha experiencia bonita e gratificante para pequenos e maiores e dámoslle novamente as grazas ao alumnado colaborador da biblioteca polo seu labor solidario e xeneroso.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet