DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Paz e da Non Violencia (por ser o día do falecemento de Mahatma Gandhi, importante pacifista).

Os alumnos de 5º A elaboraron este mural en conmemoración desta data tan sinalada. Noraboa!

 

 

Cada nivel traballou a temática na súa aula, pero todos fixemos un montón de grúas, un dos símbolos da Paz.

Con isto, traballamos a Lenda das 1000 grúas de papel de Sadako Sasaki:

 

Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima. Dez anos máis tarde, como consecuencia da irradiación diagnosticóuselle leucemia. Cando estaba no hospital, unha amiga faloulle da historia das 1000 grúas de papel: se desexas algo con moita forza e constrúes 1000 grúas de papel, os deuses concedernache un desexo. Iso intentou Sadako, pero faleceu antes de conseguilo. Simbolicamente, os seus amigos e amigas continuaron a súa misión coa esperanza de que se evitaran as guerras e se conseguise a paz no mundo.

 

Ademais, no salón de actos realizamos diversas actividades:

  • Visionado dunha curtometraxe explicando a historia de Sadako Sasaki e a Lenda das 1000 grúas de papel.

  • Lectura do noso Manifesto pola Paz tomando como referencia a Igualdade. Cada nivel leu o seu ademais e aportar as súas grúas de papel.

  • Cantamos todos xuntos a canción "Eu teño a alguén".

  

 

 

MANIFESTO POLA PAZ:

 

  • Paz e igualdade para un mundo de felicidade.

  • A paz é portarse ben e ser todos amigos e amigas.

  • Paz é pedir perdón cando lastimamos a alguén.

  • A educación é a base para a paz e a igualdade.

  • Loitemos para que a igualdade legal se aplique á vida real.

  • As mulleres non son diferentes aos homes por natureza, senón pola educación recibida. Mary Shelly.

  • A sociedade machista non cambia se non cambiamos as persoas primeiro.

  • Non temas á igualdade.

  • Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres.

  • Este ano 2018 queremos un mundo cheo de paz e de igualdade. Pedimos un salario digno para todos e todas as traballadoras e equitativo entre homes e mulleres. Todo traballo debe ser remunerado igualmente sen diferenzas de sexo.

  • O xénero está entre as orellas e non entre as pernas. Igualdade de dereitos para todos e todas, privilexios especiais para ninguén.

  • Preocupadas e preocupados pola violencia en distintas partes do mundo, pola lacra da violencia de xénero na nosa sociedade, o acoso escolar, a intolerancia cara as persoas doutras culturas, e existencia do terrorismo e a guerra, invitámosvos a implicarvos no traballo pola paz, que implica:

    *O respecto á vida, o fin da violencia e a práctica da non violencia por medio do diálogo e a cooperación.

    *O respecto á igualdade de dereitos e oportunidades de mulleres e homes e o fin da máxima expresión desta desigualdade, a violencia machista.

    *O dereito de todas as persoas á liberdade de expresión e de opinión.

 

Powered by Drupal - Design by artinet