UNHAS HORAS DE CONTOS

Celebramos esta semana unha serie de actividades para celebrar o Día do Libro. Hoxe tocou a de COMPARTICONTOS, que consiste en que 16 grupos de nenos e nenas de 4º, 5º e 6º escenifican unha serie de contos propostos pola Biblioteca para os máis pequenos do colexio.

Os nenos e nenas preparan ao longo desta semana, guiados polos titores e titoras, o conto que lles tocou poñendo en práctica a creatividade, a expresión oral tanto en galego como en castelán. 

Foi un éxito a actividade, non hai máis que ver as fotos para ver as caras de satisfación tanto de oíntes como dos contacontos!

Preme na imaxe para ver máis

Powered by Drupal - Design by artinet