Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

PARABÉNS CARMEN!

Este mes Carmen tamén estivo de aniversario. Parabéns!

Agardamos que pasaras un día xenial acompañado de todos e todas os teus compañeiros e compañeiras.

 

 

 

MOMENTOS XUNT@S

Aquí podedes ver un pequeno resumo dalgúns momentos que pasamos e sobre todo disfrutamos xunt@s no patio.

Recordos que gardaremos para sempre :)

COIDAMOS AS PLANTAS 3º TRIMESTRE

Este último trimestre, as encargadas e encargados de traer as súas plantas foron: Adrián, Martín, Emma, Nuno, Liam, Nazaret, Pablo e Lara M.

Esta proposta didáctica ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalos como seres vivos, á vez que os achega á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respecto e coidado cara a elas, a través de actividades lúdicas e manipulativas.

 Xa forma parte da nosa rutina diaria de coidala, regala, quitarlle flores secas...

PARABÉNS DANI!

Este mes Dani tamén estivo de aniversario. Parabéns!

Agardamos que pasaras un día xenial acompañado de tod@s os teus compañeir@s.

PARABÉNS JULIA!

O mes de abril abriu os aniversarios Julia. Seguimos cumplindo 6 anos. Os úlitmos celebramos sendo de infantil.

Agardamos Julia, que o pasaras moi, moi ben.

PARABÉNS MARTA

A segunda en estar de aniversario foi Marta.

Marta, agardamos que pasaras un día estupendo, rodeada de todos os teus compañeir@s e familia.

felices 6!

PARABÉNS AITOR

Neste mes de marzo temos varios aniversarios. Pero o primeiro do ano en cumplir é Aitor. 

Xa 6 anos. Que maiores somos!

Agardamos que desfrutaras do teu día. 

 

 

 

COIDAMOS AS PLANTAS 2º TRIMESTRE

Comezamos a coidar as plantas este novo curso, desta vez as encargadas e encargados de traer as súas plantas foron: Marta, Carmen F, Chloé, Lucas, Julieta, Julia, Daniel e Martiño.

Esta proposta didáctica ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalos como seres vivos, á vez que os achega á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respecto e coidado cara a elas, a través de actividades lúdicas e manipulativas.

 Xa forma parte da nosa rutina diaria de coidala, regala, quitarlle flores secas...

MAR DE PALABRAS 26 DE XANEIRO

Viñeron a mar de palabras Carol, Raquel, Pablo, Rocío e Julia.

Xogamos o bingo de palabras piratas, buscamos nunha sopa de letras vocabulario de inverno, xogamos a verdadeiro ou falso, seguimos unha oca de letras buscando os obxectos que comezaron polo sonido da casilla donde non tocaba e por último, xogamos ao tripolo, intentando facer 3 en línea dependendo da cor, da imaxe ou da letra. 

Grazas familias por estos ratiños. 

 

MATES EN FAMILIA 19 DE XANEIRO

O pasado 19 de xaneiro viñeron a mates en familia Lili, Julia e Alejandra.

Xogamos o cinquillo, a carreira de bechos, a ordenar de menor a maior ata o número 10, o xogo dos peces onde tiran unha carta e os seguintes teñen a buscar o peixe co número menor ca o primeiro e por úlitmo, o primeiro que consigas 5 froitas iguais toca o timbre. 

Grazas familias.

 

Distribuir contido