Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

TRANSICIÓN DE INFANTIL A PRIMARIA II

Levamos a cabo a segunda visita á aula de 1º de primaria para levar a cabo unha actividade compartida na que o alumnado de primaria tutorizaba ao de 6º de educación infantil cun bingo.

Foi moi emocionante ver a maravillosa convivencia que viviron os dos dous grupos,en realidade non é nada o que os diferenza,tan só un curso escolar.

Señoras,señores vai dar comezo o bingo,silencio na sala!

Os gañadores do bingo foron...Antón Martínez de infantil coa súa parella de 1º de primaria Maykel.

Ao rematar a actividade saimos ás familias coma se fosemos de primaria no pabellón na columna de 1º primaria para ir sabendo para o ano que ben.Polo de agora todo lles fai risa e eso é bo!

 

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE II

Como xa estamos acostumados a traballar nos grupo interactivos,este día foi moi sinxelo facer estacións de aprendizaxe,decían que era como cando veñen as familias e resulta moi positivo e de gran interese.

Tiñan catro estacións:

Sumas e restas manipulando garavanzos facendo o rexistro das mesmas.

Cartas de peixes maior e menor

Segue as ordes na que tiñan que ler e executar dita orde(foi a máis votada na autoavaliación).

Escribir o nome de todas e todos os compis en cartulinas negras de rascar.

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA MAIO II

Para o remate dos grupos interactivos xogamos dúas partidas ao bingo co ordenador. Foi moi exitoso,prestaban atención para cubrir o cartón e incluso se axudaban. As familias unidas nun único grupo nesta ocasión levaban conta do bingo do alumnado por se precisaban que lles botaran unha má.

Quedamos con gañas de máis polo que intentaremos contar co alumnado de primaria para as próximas partidas.

GRAZAS FAMILIAS!

 

GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS MAIO II

Hai días que facer fotos nas sesións de grupos interactivos pasan a un segundo ou terceiro lugar,e foi o caso desta semana na que case non temos fotos.As estacións foron:

-Presentación e uso do diccionario para ler e escribir palabras da letra "L" nas tarxetas e pegalas na letra globo.

-Escritura de palabras a partir dunha letra de pegatina de diamantes a escoller.

-Xogo do aforcado porque é moi demandado.

-Lectura e comprensión de texto.

 

PDI:XOGOS POPULARES

Tivemos a sorte de contar con Susa, a avoa de Martiño,que veu a escola e xogou con nós aos xogos que xogaba ela de pequena.Xogamos ao Pasemisí pasemisá,Blo,blo,blo ,pero o que máis nos gustou foi "El florón" que é un xogo de máns.Pasámolo moi ben,ademáis Susa ten moita man cos peques.

Grazas por participar no noso PDI "A maxia do xogo"achegando os xogos da túa infancia a nós.

 

CONTOS DE BOCA

Susa, a avoa de Martiño estivo con nós para contarnos o conto "Os tres porquiños" e abofé  co fixo mooooi ben.Fixo partícipe a todo o alumnado nunha serie de detalles do conto e prestaron moita atención,tiña cautivada a súa mirada!

Grazas Susa por vir e animarnos!

PARABÉNS UXÍA!

Hoxe estivo de aniversario Uxía,cumpríu 6 anos e como sempre fan,borrouse do listado de 5 anos para apuntarse de novo no de seis.Os tiróns de orellas foron repartidos entre as súas dúas orellas pensando na descomposición do 6 porque sempre lle buscamos aplicación matemática as cousas.Houbo festa rachada de gusanitos e unha presentación de vídeo preciosa dende que naceu ata hoxe en día no que nos enteramos que pasa moito tempo na casa dos seus avós e co seu primo Asier.Por certo,e que ten moto!

Parabéns Uxía, bicos do teu grupo.

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA MAIO I

Esta semana as estacións presentes nas mates en familia foron:

  1. Pelotas de malabares con arroz e comparación do seu peso en gramos .
  2. Descomposición do número 7 con pedras preciosas
  3. Taboleiro de Lego para facer a torre máis alta  sumando ou restando.
  4. Panel vertical de puntos lanzando pelotas e anotando os mesmos.

GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS

Hoxe xogamos ao aforcado que tanto nos gusta coa temática de animais,buscamos o intruso entre un grupo de palabras pola sonoridade coa lectura das mesmas e pegar onde correspondía,escribimos palabras según a tirada da ruleta e traballamos a palabra "centro" dentro de todos os seus contextos para despois pegar o símbolo de interrogacións no centro das caixas dun xogo que estamos a preparar e é sorpresa.

Coma sempre a avaliación é positiva,encántanos que veñan as familias,somos moi afortunadas e afortunados.Grazas de novo.

GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS

Hoxe presentamos un xogo novo de papel chamado "Oso" e sentiron moito interese por é,l é moi interesante anímovos a xogar.Outro xogo de mesa foi" Tic Tac Boum" ,tirada de dado e pasala bomba para dicir palabras que empezan,rematan ou conteñen esa letra(unha adptación do xogo).A tablet para formar palabras de dúas ou tres sílabas sempre crean moito interese.Engadín no taller un traballo de clasificación de animais,ler, recortar e pegar as palabras en aves,mamíferos,réptiles,anfibios e peixes.xornada completa e marabillosa grazas ás familias que sempre nos acompañan

Distribuir contido