Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE

Este venres aínda que non tivemos grupos interactivos coas familias quixemos optimizar o tempo e realizamos estacións de aprendizaxe.Sentíronse libres na realización das aprendizaxes cos equipos novos deste trimestre de entre  4 ou 5 peques.Nesta ocasión a área a explorar foron as matemáticas con diferentes materiais para expandir así as súas capacidades e rotar por todas e cada unha delas.

-Torre de policubos de 10 unidades e a súa correspondente traslación ao papel.

-Conxuntos de puntos según a tirada de dados e etiquetando cada un coa grafía numérica.

-Xogo de mesa coa baralla de peixes,concepto "maior".

-Perruquería con tirada de dados,quedaron cortes de pelo ben chulos e atrevidos!

 

CONTOS DE BOCA

Hoxe escoitamos un conto precioso,nun espazo precioso como é o noso patio e dunha moza preciosa como é  Andrea a curmá de Eire.O título do conto "Yo iré a la escuela por tí" aporta maxia para viaxar a mundos fantásticos a través dunha árbore e descubrir o divertido que pode ser ir á escola.

PARABÉNS AROA FERNÁNDEZ!

Xa levábamos tempo sen celebracións e hoxe estivemos de festa porque contamos co 6º aniversario de Aroa.Nós agasallámola co ritual de celebración e os tradicionais tiróns de orellas e ela con gusanitos coma se non houbera un mañá.Vanse facendo maiores sen decatarnos!Moitos biquiños Aroa.

CIRCUITO PSICOMOTRICIDADE

A miúdo Abel prepara circuitos no ximnasio  e failles mover o esqueleto con exercicios para fortalecer a motricidade grosa e desenvolver unha imaxe corporal axustada.

Así de ben o fan, e así de ben o pasan nas clases de psicomotricidade!

 

 

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA MARZO II

Ültima sesión deste segundo trimestre dos grupos interactivos con simetrías,flores e panel do 100.

 

CONTO DE BOCA

Hoxe tivemos a sorte de escoitar a Ledicia, a nai de Aroa,contar o conto "Unha pantasma cobarde".Foi un verdadeiro conto de boca porque non trouxo ningún libro ,nada máis que a súa cabeciña  e a voz que saía pola súa boca para contalo.

Con esta historia aprendimos que debemos encararnos aos nosos medos para conseguir superalos e  que temos que apoiarnos nas nosas amigas e amigos para poder vencelos.

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA MARZO

Seguimos traballando todos os venres cos grupos interactivos de familias e esta semana tocou xogos e actividades da área matemática.

  • Baralla española para xogar ao cinquillo.
  • Escultura do 100.
  • Concepto de número maior e menor.
  • Máis e menos gemas(sumas e restas).

GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS

Para este venres as actividades levadas a cabo en grupos interactivos foron os xogos de mesa: 

  • " A dibujar" de Hervé Tullet que tivo moitísimo éxito no que tiñan que coller cartas ao chou para ler as instruccións e crear debuxos (por petición da maioría volveremos a xogar no vindeiro taller)
  • "Burble" traballamos vocabulario e rapidez para pensar e dicir unha palabra que empezara polo mesmo son ca tarxeta.
  • "ABC MIAM!"xogo con monstros que comen letras de nomes de animais.
  • Bingo clásico con vocabulario dunha receita de puré de pataca.

PURÉ DE PATATA

Xa levábamos tempo pensando en facer unha receita con pataca e como a vez anterior fixemos tortilla nesta ocasión tocoulle ao puré de pataca.Eyra trouxo as patacas da súa hortiña e despois de traballar a receita e o vocabulario decidimos empezar a elaborala na cociña do cole. Empezamos por lavar,cocer,pelar coas máns,triturar co triturador,pizca de sal,aceite de oliva virxen e leite,xa tiñamos o puré listo! , como era a hora da parva A COMER!. 

 

CARACTERÍSTICAS DAS FIGURAS XEOMÉTRICAS

Collimos todas as figuras xeométricas coas que queríamos xogar (triángulo, cadrado, rectángulo,pentágono,rombo e trpaecio)e empezamos a repasalas co dedo e a percatarse de que tiñan vértices (esquinas como decían elas e eles) e tamén lados ,así foi como empezamos unha sesión para construir diferentes figuras e contar a cada unha os lados que tiña e os vértices. Preguntaron polo círculo que estaba coas demáis figuras e non tiña vértices, eso é que estan a concentrarse e pensar sobre todo. A actividade seguíu adiante e nesta ocasión transformaron un triángulo nun trapecio e un cadrado nun pentágono. Son divertidas as matemáticas!

Distribuir contido