Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

UN ANACO DO NOSO TRABALLO, 6º INFANTIL

Hoxe as nenas e nenos de 5 anos quixeron compartir con todos nós imaxes do que están facendo estes días nas súas casas.

Temos a Iria facendo un precioso mural da primavera, preparando unhas deliciosas receitas e tamén plasmando figuras no xeoplano, ó igual que fixo Marcos. Ademais, el debuxouse aplaudindo a todos os sanitarios e sanitarias que velan pola nosa saúde e traballou a primavera cun fantástico mapa conceptual convertido en flor e unha secuencia do crecemento dunha planta. Zoé aproveitou materiais de refugallo para facer un terrorífico tiburón e o castelo de Rapunzzel. Pablo e Noemí aproveitan este confinamento para cantar e tocar instrumentos en familia, para plantar legumes e para debuxar o que xa é un símbolo de toda esta situación: un arco da vella. Enzo animouse a facer diferentes propostas, entre elas o mapa conceptual da primavera que lle quedou ben chulo!!! E Carlos fixo no xeoplano un debuxo ben bonito.

Grazas familias por compartir estas fotos con todos nós, alegrámonos moito de poder vervos aínda que sexa por esta ventaniña virutal.

Un saúdo para todos e todas!!!!! Seguide traballando así de ben!!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES LUNS 30 DE MARZO

Bo día.

Aquí vos deixo as últimas actividades propostas para hoxe luns 30 de marzo. Nelas seguimos traballando a primavera, e continuamos co noso proxecto "Atacan os tiburóns".

Espero que vos sexan de utilidade.

Iria.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES VENRES 27 DE MARZO

Bo día familias,

Hoxe as mestras de educación infantil temos preparadas para vós unhas actividades moi especiais, esperamos que vos gusten e vos entreteñan moito.

Animádevos a facelas!!

Saúdos de Fina, Iria, Teri e Silvia.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES MÉRCORES 25 DE MARZO

Estimadas familas.

A continuación adxunto unha nova proposta de actividades, espero que vos sirvan de axuda.

Ante calquera dúbida contactade conmigo a través da aplicación AbalarMóbil.

Un saúdo.

Iria.

ACTIVIDADES PROPOSTAS DÍA 23/03/2020

Estimadas familias: Aquí vos deixo a proposta de actividades de hoxe luns 23 de marzo.

Gustaríame recordarvos que ante calquera dúbida podedes contactar conmigo a través da nosa canle de AbalarMóbil. ÁNIMO!!!

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias:

A continuación vos adxunto un arquivo con algunhas propostas musicais para acompañarvos nestes días.

Agardo que vos gusten!

ACTIVIDADES INFANTIL

ESTIMADAS FAMILIAS:

Sabemos que estamos ante unha situación de incerteza complicada para todos e todas, pero aínda máis para as nenas e nenos. É por iso que consideramos que sería recomendable que sigan cuns horarios establecidos para cada día, aínda que as rutinas vaian cambiando, que os tempos se repitan día tras día.

Para completar este horario ofrecémosvos diversas tarefas que iremos subindo á web do centro gradualmente, os luns, mércores e venres lectivos de cada semana (recordade que este venres non o faremos porque non é lectivo no noso centro).

Ante calquera dúbida podedes falar conmigo a través de AbalarMobil.

O primeiro que vos propoñemos é que aproveitedes este tempo en familia para ler xuntos, contarvos historias e vivencias que coas présas do día  adía quedan esquecidas, facer ás nenas e nenos partícipes do día a día encomendándolles tarefas sinxelas do fogar, visualizade e comentade fotos de tempo atrás…intentando así sacar algo positivo de todo isto.

A continuación adxúntovos as tarefas para estos primeiros días.

Distribuir contido